“Cárceles Bolleras”, desigualdade de xénero e resistencia dentro de prisión, nos Multicines Norte

Andrea fixo un viaxe con droga dende Arxentina. Levárona directamente do aeroporto de Barcelona ó cárcere. Katia estivo dous años na prisión de Martutene, en Euskadi. Marta Dillon, xornalista e feminista, visitou durante anos ás presas no cárcere de Ezeiza en Bos Aires e plasmou a súa experiencia no libro “Corazones Cautivos”. Estos relatos, xunto cos de outras ex presas e investigadoras, forman parte do documental “Cárceles Bolleras”, que visibiliza a realidade das mulleres entre reixas e como a desigualdade de xénero atravesa a súa vida en prisión. Nestas circunstancias, o desexo lésbico convértese nunha forma de resistencia fronte á institución penitenciaria. A través destas entrevistas, lógrase reconstruír o universo penitenciario ó que non temos acceso.
Publicado por o día 03/07/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

“Cárceles Bolleras”, desigualdade de xénero e resistencia dentro de prisión, nos Multicines Norte

Andrea fixo un viaxe con droga dende Arxentina. Levárona directamente do aeroporto de Barcelona ó cárcere. Katia estivo dous años na prisión de Martutene, en Euskadi. Marta Dillon, xornalista e feminista, visitou durante anos ás presas no cárcere de Ezeiza en Bos Aires e plasmou a súa experiencia no libro “Corazones Cautivos”. Estos relatos, xunto cos de outras ex presas e investigadoras, forman parte do documental “Cárceles Bolleras”, que visibiliza a realidade das mulleres entre reixas e como a desigualdade de xénero atravesa a súa vida en prisión. Nestas circunstancias, o desexo lésbico convértese nunha forma de resistencia fronte á institución penitenciaria. A través destas entrevistas, lógrase reconstruír o universo penitenciario ó que non temos acceso.

Isto é o que lemos na sinopse que acompaña ó documental “Cárceles Bolleras”, un traballo de investigación e creación fílmica da directora e guionista arxentina, licenciada en Psicoloxía, Cecilia Montagut. Documental que se presentará mañá xoves 4 de Xullo no Multicines Norte de Vigo nunha única sesión das 20:10h en colaboración coa Coordenadora de Centros Sociais do Sudoeste da Galiza e dentro das IV Jornadas LGTBIQ+ que organizan e hoxe dan inicio ás 19h no LS Faísca rúa Toledo 9, Barrio do Calvario. A presentación estará acompañada dun posterior coloquio coa súa directora Cecilia Montagut e produtora Raquel Osborne, xunto coa Aso Nós Mesma de Vigo, no que analizarán a realidade das persoas LGTBIQ+ privadas de liberdade e que nos permitirá achegarmos a unha realidade xeral oculta tralos muros marcada polo illamento, represión, irregularidades no cumprimento dos dereitos humanos e estigma social.

A investigadora Raquel Osborne e Cecilia Montagut tiñan en mente facer un documental sobre as relacións lésbicas en prisión. A raíz do ofrecemento por parte de Fefa Vila a participar na programación cultural de “El Porvenir de la revuelta”, como parte del Madrid World Pride 2017, a idea tomou forma. “En ese momento contactamos con la investigadora Estibaliz de Miguel, autora del libro “Relaciones amorosas de las mujeres presas”, para que colaborara con nosotras y nos pusimos manos a la obra”, segundo conta a directora e guionista Cecilia Montagut.

O proxecto documental tivo como punto de partida a visibilización das relacións sexo-afectivas entre mulleres presas e como poden servir de estratexia de supervivencia dentro de prisión. “Había que re-construir la realidad que se vive del otro lado de los muros con los testimonios de ex-presas porque no nos permitían acceder a las cárceles. Tampoco encontramos imágenes de archivo sobre la vida cotidiana en prisión. Sólo contábamos con ¿algunas pistas? en los libros de memorias de ex presas. Hay un oscurantismo total con respecto a lo que Pasa dentro de las cárceles, pero no nos desanimamos”.

Recorreron quilómetros en busca de testemuñas e participaron en encontros de asociacións de apoio ás persoas presas, espazos seguros onde se denuncia a situación nos cárceres, pero onde non se lles pode grabar nin fotografar. “Allí conocí los problemas de discriminación de género que sufren las mujeres cis y trans, pero no encontraba personas que quisieran participar en el documental. Era lógico, las ex presas que buscábamos estaban atravesadas por un triple estigma: ser mujeres, haber estado presas y haber tenido experiencias sexuales no normativas”. Ós poucos foron atopando mulleres que quixeran contar a súa experiencia e investigadoras que compartían o seu traballo con elas, resultando do logo ser compañeras de viaxe, amigas, colegas.

“Cuando ponía la cámara frente a estas mujeres dispuestas a revivir aquella dolorosa etapa de su vida no podía pensar en elementos accesorios, planos de situación, insertos que “adornaran” sus palabras. Sus testimonios lo invadían todo. Es extraño contraponer el silencio que reina en el exterior de las

cárceles con los relatos sobre la bulliciosa vida en el interior. En estos relatos siempre aparecía el sonido de un megáfono dando órdenes desde la mañana hasta la noche. Diciendo qué hay que hacer en cada momento”.

As IV Jornadas LGTBIQ+, organizadas pola Coordenadora de CC.SS do Sudoeste, vén sumar ó mes do orgullo, xunto cos colectivos LGTBIQ+ de Vigo, á visibilización e defensa dos dereitos e liberdades das identidades disidentes cunha programación de dous días que darán comezo hoxe mércores ás 19h co obradoiro “Gordofobia e consumismo: como sobreviver à ditadura gaipitalista” da man de Ángel Amaro para continuar, ás 20h, coa palestra de Avante LGBT Vigo “Es Queer e nom o sabes” e, ás 21h, cun debate arredor do “Capitalismo Rosa” xunto coas compañeiras da Aso. Nós Mesmas de Vigo. O primeiro día de xornadas finalizará coa presentación do video resumo da xornada de manifestación do Orgullo 2019 de Vigo, aderezado cos saborosos petiscos veganos do Coletivo Distopía de Vigo.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.