Cárganse o programa da TVG “O AGRO”, información esencial para un sector estratéxico.

O Agro. Xustifican esta nova agresión á produción propia na rebaixa do financiamento da Consellería de Medio Rural a este programa nun 75% e na necesidade de máis redactores para o Telexornal Mediodía, ao que trasladaron xa o pasado luns unha redactora do programa O Agro
Por o 19/04/2017 | Sección: CUT,Sindicatos,TV,Vigo
Cárganse o programa da TVG “O AGRO”, información esencial para un sector estratéxico.

A directora da TVG, Rosa Vilas, confirmoulle esta mañá ao comité de empresa o que xa levaba días bulindo polos corredores: a inminente desaparición do programa diario O Agro. Xustifican esta nova agresión á produción propia na rebaixa do financiamento da Consellería de Medio Rural a este programa nun 75% e na necesidade de máis redactores para o Telexornal Mediodía, ao que trasladaron xa o pasado luns unha redactora do programa O Agro.

A CUT considera gravísima esta situación por tratarse dun programa de servizo público con información esencial para un sector estratéxico no noso país, que leva ademais en emisión desde 1991. Atrévense con esta nova agresión a traspasar outra liña vermella ata o de agora infranqueable. CUT lamenta tamén que Rosa Vilas se referira hoxe a O Agro como uha “mera sección no programa A Revista”, restándolle importancia á súa perda, cando é un programa emblemático, orgullo da tele pública galega, que contou sempre cunha audiencia fiel e respecto por parte de todo o sector. Os traballadores e traballadoras que sostiveron a dignidade dese programa en todos estes anos, merecen o máximo dos respectos.

A CUT fará todo o que estea na súa man para intentar reverter esta decisión, agardamos que facendo unha fronte común desde a pluralidade sindical do comité de empresa. A emisión de programas de servizo público non pode nin debe depender de que reciban achegas das consellerías do ramo. O noso agro precisa un espazo nos medios públicos á altura da súa importancia no tecido socioeconómico de Galicia.

Nado en Vigo hai 36 anos. Nacionalista Galego, Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Una respuesta para "Cárganse o programa da TVG “O AGRO”, información esencial para un sector estratéxico."

  1. Mar   19/04/2017 at 23:22

    Miramos todos os días o programa “O Agro” e parecenos unha decisión muy desafortunada, pos moita xente coma nos estan pendentes de ese tempo de información do campo galego.
    Por favor, poñelo de novo, gústanos e seguímolo con interés.
    Si non hay presuposto quitade outras cousas más superficiais.
    Saludos