Carlos Escario falará sobre estratexias para rexuvenecer as organizacións nunha nova Live Session de IESIDE

Emitirase mañá martes 12 de xaneiro, a partir das 19.00 h
Publicado por o día 11/01/2021 na sección de Eventos

Carlos Escario falará sobre estratexias para rexuvenecer as organizacións nunha nova Live Session de IESIDE

IESIDE presenta a Live Session «Creces ou envelleces? O anti-aging organizativo. Estratexias para rexuvenecer a túa organización e infundir enerxía de crecemento e innovación» a cargo de Carlos Escario. Emitirase mañá martes 12 de xaneiro a partir das 19.00 h. Para poder acceder é preciso realizar unha inscrición nesta ligazón. Durante a sesión falarase do Executive MBA deseñado por IESIDE.

Nesta Live Session coñecerás como ser un terapeuta da túa organización e implementar estratexias que mobilicen a innovación e o enfoque ao crecemento do cliente. Como compañía, crecemos ou envellecemos? Como de resiliente é o teu modelo de negocio? Determinaremos que vitaminas e que vacinas poden facer rexuvenecer a túa organización e retomar a senda do crecemento.

Carlos Escario é licenciado en Administración e Dirección de Empresas, MBA por IESE Business School, Mestrado en Marketing pola Universidad Rey Juan Carlos e Doutor (PhD) en Estratexia e Transformación Organizacional pola Universidad CEU. Realizou un programa de investigación en Harvard Business School (Boston), certificouse no Robbins Research Institute (San Diego), no Adizes Institute (Santa Barbara) e en psicoloxía organizacional e deseño de enxeñería humana con Richard Bandler (EE.UU.) É tamén fellow do International Academy of Management.

Asesorou directamente a empresas como Seat, Telefónica, Nissan, BBVA, Oracle, ADIF, Red Bull, Repsol, TetraPack, Mahou San Miguel, Gocco, Neinver, Coca-Cola FEMSA, Finsa, XPO Logística, Rijk Zwaan, SCOR, Acsa Sorigué, Seguros Santa Lucía, Agbar, Eulen, Cajamar e Invesco