Carlos Font anuncia que o Goberno da Deputación aprobará este venres unha achega para Arbo de máis de 170.000 euros

Con este segundo investimento do Plan Concellos 2019, o concello poderá pavimentar e ensanchar o vieiro municipal de Pividal-Meixoeiro na parroquia de Mourentán
Publicado por o día 19/12/2018 na sección de Arbo,Deputación de Pontevedra,Galicia

Carlos Font anuncia que o Goberno da Deputación aprobará este venres unha achega para Arbo de máis de 170.000 euros

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe que o Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, a segunda achega do Plan Concellos 2019 para Arbo por un importe total de 170.144,59 euros. Con este investimento, o Concello de Arbo poderá financiar a pavimentación e o ensanche do vieiro municipal Pividal-Meixoeiro na parroquia de San Cristóbal de Mourentán.

Co Plan Concellos 2018 xa rematado, Arbo recibiu coa Liña 1 de investimentos financiación para o acondicionamento do recinto das piscinas municipais; a ampliación da rede de saneamento en Urzal e A Civida; para a mellora de accesos aos Doños, Sande, A Ventana e Ladeira-San Cristóbal de Mourentán; para melloras no entorno da estrada Rocha-Cabeiras; e para o convenio de colaboración para a execución dunha obra de acondicionamento da estrada EP 5003 na Lomba.


En canto á Liña 2, Arbo recibiu 40.815,45 euros para financiar o gasto corrente en funcionamento de servizos e actividades culturais. Finalmente, coa Liña 3 de emprego tivo un investimento de 94.336,32 € co que o Goberno municipal puido financiar a contratación de 16 traballadoras e traballadores para o concello.

Este ano, a Deputación de Pontevedra destinou a Arbo un total de 734.619,17 €, un 73,4 % máis que en 2017.

Comentar noticia

Your email address will not be published.