Carlos Font confirma que o Goberno provincial aprobará este venres máis de 300.000 euros para Cerdedo-Cotobade

A Xunta de Goberno aproba estas achegas, dentro da liña 1 do Plan Concellos, para financiar pavimentacións, cunetas, canalizacións e melloras de accesos na vila
Publicado por o día 17/10/2018 na sección de Deputación de Pontevedra

Carlos Font confirma que o Goberno provincial aprobará este venres máis de 300.000 euros para Cerdedo-Cotobade

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe que o Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, o financiamento para dúas obras no concello de Cerdedo-Cotobade. As actuacións teñen un importe total de 306.226,16 euros e forman parte dos fondos da liña 1 do Plan Concellos 2018 e 2019, que o Goberno de Carmela Silva adiantou este ano para que os concellos puideran acometer con máis tempo obras de maior envergadura.

Concretamente, o Goberno provincial destina 160.575,62 euros para pavimentacións, actuacións varias de tratamento superficial e renovación de firmes en Cuiñas (Viascón), O Barral (San Xurxo de Sacos), lugar de Lis (Cutián), Atalaia (Viascón), Cernadelo (San Xurxo de Sacos), Calva da Viña, Pista Puente Raposeiras (Viascón), e tamén unha obra complementaria de saneo e reasfaltado de vías en Aldea de Arriba (Santa María de Sacos).

Por outra banda, a Deputación vai financiar con 145.650,54 euros un total de catro proxectos consistentes na pavimentación, realización de cunetas e canalizacións para drenaxe en diversos camiños nas Lagoas (Rebordelo), Carballedo, Valongo, Famelga e Loureiro. Máis polo miúdo, vaise proceder á pavimentación e mellora nas Lagoas (Rebordelo), camiño da Cerdeiriña (As Penizas), acceso ao núcleo de poboación Curvas (Valongo), acceso ao núcleo de Famelga, acceso ao núcleo A Costa (Loureiro), acceso e núcleo de Frade (Loureiro), accesos a Trabazo, a Parcelaria e Atalaya (Carballedo); e tamén se van a construír cunetas e canalizacións en Rebordelo, Vilalén (Loureiro), Frade e O Barral (San Xurxo de Sacos).

Este ano 2018, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra destina a Cerdedo-Cotobade 1.244.234,93 euros, o que supón un 73,92 % máis que no exercicio anterior.

Comentar noticia

Your email address will not be published.