Carlos López Font reclama a administración autonómica que poña solución aos problemas da zonificación escolar

Por o 03/09/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Carlos López Font reclama a administración autonómica que poña solución aos problemas da zonificación escolar
Compartir en:

O edil Carlos López Font reclamou a administración autonómica que poña solución aos problemas da zonificación escolar na cidade, xa que centos de nenos deben percorrer moitos quilómetros. “A Xunta ten que redistribuír aos alumnos con racionalidade e atendendo a criterios de proximidade, tendo en conta tamén a idade do alumnado que se despraza, de entre 11 e 12 anos, e a relación que ten que haber entre centros”, explicou.

Font apuntou que a través do Consello Escolar Municipal, o goberno local xa solicitou cambios na zonificación e tamén ofreceu terreos no PAU de Navia para a construción dun novo centro escolar que evite o desprazamento de alumnos.

“O curso escolar está a punto de comezar e a Xunta segue sen dar solución a centos de nenos”, apuntou antes de explicar que tamén persisten os problemas co transporte, posto que tres centros (Mosteiro, Paraixal e Eduardo Pondal) non teñen cobertura da administración autonómica e unicamente reciben axudas do Concello.