Carme da Silva: “Non imos usar a morte dunha persoa para facer debate político”

Publicado por o día 28/08/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Carme da Silva: “Non imos usar a morte dunha persoa para facer debate político”

A concelleira de Festas Carme da Silva manifestou esta mañá “que nunca imos a utilizar a morte dunha persoa, que é un feito desgraciado, para facer debate político”. Deste xeito zanxaba a acusación verquida polo Partido Popular de Pontevedra e o ánimo do grupo municipal do PP de empanar as exitosas festas da cidade cunha morte supostamente a consecuencia dunha pelexa rexistrada na cidade.

“Dende o Concello de Pontevedra e do Servizo de Festas, sempre se poñen a disposición pública os datos e incidencias que se producen durante as festas do verán de Pontevedra, que empezan en xuño, pero non imos entrar nesta manobra do PP, que non quero nin cualificar”, concluíu a concelleira.