Carmela Silva amosa o seu “absoluto rexeitamento, e indignación” ante a masacre de Gaza. “O Goberno español non me representa coas súas declaracións”

A presidenta da Deputación participou na concentración de condena que tivo lugar ante o Concello de Pontevedra. “Os Gobernos de España e Galicia non poden chamar á contención de ambas partes, teñen que estar do lado das persoas que están sendo asasinadas”
Por o 16/05/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra
Carmela Silva amosa o seu “absoluto rexeitamento, e indignación” ante a masacre de Gaza. “O Goberno español non me representa coas súas declaracións”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou esta mañá na concentración de condena e repulsa polo ataque perpetrado onte por Israel na franxa de Gaza, onde foron asasinadas 59 persoas e máis de 2.400 persoas feridas, na que amosou o seu “absoluto rexeitamento, indignación e enfado fronte a esta masacre, porque non se lle pode chamar doutra forma”. Silva asegurou que o que está a acontecer en Gaza “non ten cualificativo posible, é absolutamente vergonzoso e non se pode estar en silencio. O silencio é cómplice deste tipo de comportamentos e o que está a acontecer co pobo palestino ten que levantar a todo o mundo”.

A presidenta provincial lamentou o comunicado do Goberno de Mariano Rajoy que chamou á contención a ambas partes. “Hoxe teño que dicir que o Goberno de España non me representa con estas declaracións. Estes días atrás coñecíamos que desde Israel estaban a disparar aos xeonllos da xente para que quedara inválida…  así que, como que contención?. Hai que esixir a Israel que pare xa esta masacre intolerable”.

Silva instou ao Goberno de España e de Galicia a “que se poña do lado das persoas débiles, dos e das que están sendo asasinados e asasinadas, porque ás cousas hai que chamalas polo seu nome”. Desde esta mañá as bandeiras do Pazo provincial da Deputación de Pontevedra ondean a media hasta.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.