Carmela Silva entrega a Coruxo e Rápido de Bouzas as axudas da Deputación por máis de 200.000 euros

A Presidenta provincial subliñou que “Vigo é unha grande referencia no deporte e por iso temos unha aposta inequívoca cun investimento dun 1.100.000 euros ao ano”
Publicado por o día 23/05/2018 na sección de Coruxo F.C,Deportes,Deputación de Pontevedra,Fútbol,Galicia,Vigo

Carmela Silva entrega a Coruxo e Rápido de Bouzas as axudas da Deputación por máis de 200.000 euros

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou hoxe aos presidentes do Coruxo e do Rápido de Bouzas, Gustavo Falque e Manuel Seoane, as resolución presidenciais coas axudas deste ano a ambos os dous clubs que superan os 200.000 euros.

Carmela Silva agradeceu a Coruxo e Rápido “o extraordinario traballo que fan como clubs de elite levando o nome de Vigo e da provincia, ao través dos desprazamentos, das competicións nas que participades, ben no resto do estado, ben no resto do mundo, levades e moi ben levado, o nome de Vigo e de Pontevedra”. Tamén subliñou “a labor encomiable que fan co deporte base, falamos de dous equipos moi comprometidos e cunha longa traxectoria”. Silva enmarcou as axudas “na aposta que temos no goberno provincial co deporte, e máis cando falamos de Vigo que é a grande referencia deportiva na provincia e en toda Galicia. De feito, investimos no deporte da cidade 1.100.000 euros ao ano”.

Tanto o presidente do Coruxo como o do Rápido de Bouzas, Falque e Seoane, agradeceron á presidenta estas axudas “porque sen elas sería practicamente imposible seguir nunha categoría como 2ªB e tampouco poderíamos cumprir cos nosos obxectivos. Por iso o apoio da Deputación de Pontevedra é vital”.

Pola súa parte, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo un recoñecemento á aposta da nova Deputación polo o seu apoio ao deporte da cidade e valorou as axudas a Coruxo e Rápido. “Falamos de dous grandes clubs, de elite e de traballo co deporte base pero tamén pola súa capacidade de movilización. Estou encantado, dixo o alcalde, de que cando xogan leven xuntos os dous patrocinios do Concello e da Deputación de Pontevedra. É un exemplo da boa colaboración que temos, como sempre debeu ser”