Carmela Silva expresa a súa profunda dor polo repentino falecemento da política Carme Chacón

A presidenta da Deputación de Pontevedra cualifica a Chacón como “unha muller que abriu moitas portas a todas as mulleres e que sempre foi un exemplo de loita e tesón”.
Por o 10/04/2017 | Sección: Deputación de Pontevedra,Sucesos,Vigo
Carmela Silva expresa a súa profunda dor polo repentino falecemento da política Carme Chacón
Compartir en:

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, expresou esta tarde a súa consternación pola inesperada morte da política Carme Chacón aos 46 anos de idade, “unha muller, dixo Silva, que foi sempre un exemplo de tesón e loita para todas e todos e que abriu moitas portas a todas as mulleres”.

A presidenta provincial lembrou a Carme Chacón “como unha socialista que sempre traballou na defensa dos valores humanos e que loitou con paixón por todo aquilo no que cría. A súa perda, sinalou, déixanos unha enorme tristeza”. Carmela Silva, en nome do Goberno da Deputación, trasladou as condolencias a súa familia.