Carmela Silva informa na mesa do camiño da posta en marcha de varias melloras en infraestruturas provinciais en materia de mobilidade e seguridade peonil

A Presidenta da Deputación de Pontevedra subliña o repunte de visitantes que está a rexistrar o tramo provincial do camiño portugués e da costa .
Por o 04/07/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra,Galicia,Pontevedra
Carmela Silva informa na mesa do camiño da posta en marcha de varias melloras en infraestruturas provinciais en materia de mobilidade e seguridade peonil

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou na “Mesa do Camiño” das actuacións que a institución provincial vai a acometer en tres viais provinciais que percorren tramos do Camiño así como das últimas cifras de repunte das persoas que están a facer o tramo portugués que para pola provincia de Pontevedra. Así Silva subliñou que o tramo Portugués tanto pola costa como polo tradicional “aumentou entre xaneiro e xuño creceu nun 15 por cento os seus usuarios e no caso da Costa duplicou os seus visitantes e a Vía da Prata creceu nun tres por cento e o camiño do Inverno creceu  nun dous por cento”.

A Mesa do Camiño está conformada pola Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e os concellos de Barro, Soutomaior, Nigrán, Caldas, Portas, Pontecesures, Baiona, A Guarda, Vilaboa e Tui e pola Asociación de Amigos do Camiño Portugués. Na xuntanza de hoxe estiveron presentes os alcaldes de Barro, Xosé Manuel Abraldes; Soutomaior, Agustín Reguera; e de Caldas, Juan Manuel Rey, ademais de concelleiros e concelleiras dos outros concellos; o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores;  e Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo.

Carmela Silva destacou que a Deputación está a acometer melloras en varios tramos das estradas Baredo-Lourenza en Baiona que comezarán en breve; Curro-San Amaro, en Barro, proxecto que xa está redactado;   na rúa do Parque en Caldas de Rei; en Valga en Martores; e actuacións de seguridade vial no embarcadoiro de Oia. “Cumprindo así cos compromisos acadados para mellorar a seguridade vial e peonil en varios puntos do Camiño que atravesa estradas provinciais”, subliñou Silva.

A Presidenta da Deputación tamén informou os presentes  que ten solicitado unha entrevista co novo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para “traballar de cara a que as infraestruturas que dependen do goberno central estean en óptimas condicións xa que non podemos esquecer que o ano 2021 é Xacobeo e polo tanto as infraestruturas da Deputación, da Xunta e do Goberno teñen que estar como unha patena”, recalcou Silva.

Con respecto a sinalización a Presidenta informou que o proxecto que desenvolve a Deputación prevé unha mellora “substancial do camiño Portugués” en todas as infraestruturas dependentes da institución provincial. Igualmente Carmela Silva tamén realizou unha breve referencia as distintas promocións que dende a institución provincial desenvolvéronse nas localidades de Madrid, Córdoba, Porto e Braga e na feira de Fitur onde o Camiño Portugués na provincia tivo un importante protagonismo.

Por último, Carmela Silva destacou a súa satisfacción polo descorrer da Mesa do Camiño que vai asumindo todos os compromisos acadados durante os últimos anos e mantén un vínculo  trimestral de información entre todas as administracións presentes “traballando de xeito unido para mellorar a promoción e as infraestruturas dos concellos polos que percorre o camiño na provincia”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.