Carmela Silva recibe aos campións de España do Club de Remo Miño de Tui

Por o 11/08/2017 | Sección: Deportes,Deputación de Pontevedra,Galicia,Remo,Tui
Carmela Silva recibe aos campións de España do Club de Remo Miño de Tui

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu hoxe a unha representación dos remeiros do Club Remo Miño de Tui que tiveron unha actuación moi destacada no campionato de España celebrado en Sevilla.

Carmela Silva subliñou o orgullosa que sentíase dos case que trinta remeiros e remeiras que participaron no campionato de España e o seu gran papel ao acadar varios medallas de ouro, prata e bronce.

En concreto, Jesús González e Rodrigo Conde obtiveron un ouro na modalidade de “2 absoluto”; tamén obtiveron un ouro os “Veteranos 4” con Baltasar Márquez, Camilo Abal, Enrique Pena, Julio Alonso e Raquel Comesaña; unha medalla de prata en “8 absoluto” con Rodrigo Conde, David Prada, Sergio Pérez, Gonzalo Pérez, Oscar Alonso, Francisco Alvarez, Jesús González, Jaime de Haz e Raquel Comesaña; e un bronce en “4 absoluto” con Jorge André, Cristian Fernández, Iago Izquierdo, Damian Alonso e Nadide Fernández. Os remeiros Jesús González e Rodrigo Conde bateron  ó récord de España nesa modalidade, moi preto do récord do mundo.

Silva destacou o alto nivel acadado polo Club de Remo Miño de Tui e animou aos deportistas a manter esa esixencia e esforzo para seguir levando o nome da provincia de Pontevedra a todos os campionatos e acadar sempre uns resultados tan bos como os logrados en Sevilla.

O vicepresidente do club, José Prada, que estivo acompañado polo presidente do club, José Luis Méndez, agradeceu a Carmela Silva o recoñecemento feito aos deportistas con esta recepción “xa que este ano é a primeira institución que nos recibe tras estes éxitos”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.