Carmela Silva será a madriña da décima promoción do máster de Comercio Internacional da Escola de Empresariais de Vigo

Representantes do Centro trasladaron hoxe a invitación á presidenta da Deputación que aceptou con “moita emoción e agradecemento porque ademais é unha promoción onde a súa maioría son mulleres”
Publicado por o día 08/05/2018 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Vigo

Carmela Silva será a madriña da décima promoción do máster de Comercio Internacional da Escola de Empresariais de Vigo

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aceptou hoxe ser a madriña da décima promoción do máster de Comercio Internacional da Escola de Empresariais de Vigo e resaltou “sentirse moi emocionada e agradecida porque o alumnado e o profesorado acordáranse dela para ser a madriña”.

Consuelo Currás, directora da Escola Universitaria de Estudos Empresariais, e Pablo Cabanelas e Ángeles Sandoval, directores dos másteres de Comercio Internacional e de Dirección de Pemes, mantiveron hoxe unha xuntanza coa presidenta da Deputación, na que expresaron o desexo do alumnado e do profesorado para que a presidenta da Deputación puidera ser a madriña da décima promoción do máster de Comercio Internacional. Carmela Silva resaltou sentirse moi agradecida e aceptou o nomeamento de madriña da promoción.

O máster de Comercio Internacional organiza este ano a súa décima edición e a xuízo dos seus directores “é un máster consolidado que ademais ten unha característica que a súa maioría son alumnas, moi similar o que acontece co máster de Dirección de Pemes”. Ademais coa colaboración da Deputación tres alumnas do máster de Comercio Internacional, puideron coñecer o pasado ano as características da industria pesqueira de Islandia co fin de acadar unha especialización nun sector punteiro na provincia de Pontevedra. O acto da gradación será o próximo oito de xuño no que tamén realizarase a gradación da sétima edición do máster de Dirección de Pemes e a quinta promoción do Grao de Comercio.