Carmela Silva traslada a súa “máis emocionada felicitación” á deportista viguesa Susana Rodríguez Gacio, nova campioa do mundo de paratríatlon

“Síntome moi orgullosa de Susana por ter acadado, nada máis e nada menos, que o campionato do mundo. Este ano as mulleres da nosa provincia están a situarse na elite internacional de practicamente todos os deportes” destacou a presidenta provincial
Por o 17/09/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra
Carmela Silva traslada a súa “máis emocionada felicitación” á deportista viguesa Susana Rodríguez Gacio, nova campioa do mundo de paratríatlon

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou esta mañá o seu orgullo polos resultados da viguesa Susana Rodríguez Gacio no campionato do mundo de paratríatlon na categoría PTVI, e trasladouna a súa “mais emocionada felicitación”. Esta madrugada en Gold Coast (Austalia) Rodríguez alzouse coa medalla de ouro tras ter amosado o seu dominio ao longo de toda a proba e recupera o liderado mundial que xa conseguiu en 2011.

“Síntome moi orgullosa de Susana Rodríguez por ter acadado, nada máis e nada menos, que o campionato do mundo e ser unha das catro medallas que sumou España en Australia”, manifestou Silva. Máis polo miúdo, a presidenta provincial remarcou que a deportista pontevedresa cruzou a liña de meta con máis dun minuto de diferenza sobre a segunda na competición, tras ter completado a proba a nado, en bicicleta e a pe en compañía da súa guía Paula García.

Ao mesmo tempo, a presidenta recordou que “este ano as mulleres da nosa provincia están a situarse internacional de practicamente todos os deportes” e aproveitou para animar a todas as persoas, “independentemente das súas diferenzas, a perseguir os seus sonos porque, con esforzo e dedicación, como ten demostrado Susana todo se pode conseguir”.

A presidenta provincial tamén tivo palabras para o tudense Gustavo Rodríguez, que participou na proba como guía do deportista Héctor Catalá, que acadou a medalla de bronce.

Comentar noticia

Your email address will not be published.