Carmela Silva traslada o seu pesar e o do Goberno provincial á familia e amizades do tenente de alcalde de Catoira, Eduardo Touriño

Publicado por o día 24/01/2019 na sección de Deputación de Pontevedra

Carmela Silva traslada o seu pesar e o do Goberno provincial á familia e amizades do tenente de alcalde de Catoira, Eduardo Touriño

Carmela Silva trasladou esta mañá as súas condolencias á familia e amizades do tenente de alcalde de Catoira, Eduardo Touriño, polo seu tráxico falecemento aos 46 anos de idade. No seu nome e no do Goberno provincial, a presidenta manifestou que a perda de Touriño é “insubstituíble” e recordou ao tenente de alcalde de Catoira como unha persoa “moi querida e respectada”.

Eduardo Touriño, natural da parroquia de Abalo, deixa unha filla e un fillo. Esta mañá atopábase repartido pan cando un camión o atropelou na estrada PO-548, que une Pontecesures con Vilagarcía, preto da Casa do Concello de Catoira.