Carmen Méndez actuará en Redondela o próximo domingo

O monólogo enmárcase dentro do II Ciclo de Monólogos ‘Humor na súa tinta’, que organiza a Concellería de Cultura de Redondela.
Publicado por o día 12/04/2019 na sección de Galicia,Redondela

Carmen Méndez actuará en Redondela o próximo domingo

O multiusos da Xunqueira, en Redondela, ofrece este domingo a partir das 20:00 horas da tarde, unha nova cita coa comedia da man dun dos xéneros que máis están a gustar a público de todas as idades, os monólogos.

Por este escenario pasaron xa grandes da comedia moza, e non podiamos pechar un sen incluír unha muller en escena.

Péchase así, segunda edición do Ciclo de monólogos organizado pola Concellería de Cultura de Redondela. Carmen Méndez é unha das grandes promesas da escena galega e gran coñecida das nosas televisións, que seguro vai facer as delicias do noso público. O prezo das entradas é de 7€ e están xa á venda no Multiúsos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.