Carmen Santos convida a Paula Prado a que diferencia debates en redes dos que deben darse no ámbito institucional

A secretaria xeral de Podemos e vicevoceira 2a do G.P En Marea pide á deputada popular que estea á altura do “decoro” que o PP tanto esixe aos demais grupos políticos.
Por o 18/04/2017 | Sección: Podemos,Política,Vigo
Carmen Santos convida a Paula Prado a que diferencia debates en redes dos que deben darse no ámbito institucional

Santos lembra que a interlocución a deciden os cidadáns e cidadás e que ela a exerce con lexitimidade, “pois non pertenzo a ningún partido nin grupo parlamentar imputado ou no que o seu presidente sexa chamado a declarar nun dos casos máis graves de corrupción do Estado”.

A secretaria xeral de Podemos, Carmen Santos, convida á deputada do PP Paula Prado a que aprenda a diferenciar os rexistros e espazos de comunicación e se comporte co “decoro” institucional que o PP tanto esixe para os demais.

Santos lamenta que a deputada popular volva confundir as redes sociais para abrir debates que:

-Deben darse na Cámara

-Son realmente ficticios, froito do seu talante pouco democrático e terxiversador e da súa falla de discurso propio, alén do insulto, da zafiedade ou do argumentario de partido cando é consciente de que non pode rebatir o que se lle está botando en cara.

A SX de Podemos e vicevoceira do G.P En Marea pregunta a Prado se as acusacións de apoloxía do terrorismo que fixo sobre un post de Ramón Espinar comendo unhas navallas é compartido por toda a súa organización política e lémbralle, tal e como xa fixera hai uns días en comisión parlamentar, que “a interlocución cos deputados e deputadas a dan os cidadáns”.

Rajoy citado a declarar

Neste sentido, Carmen Santos recordou tamén que a lexitimidade como interlocutora non só lla dan os cidadáns e cidadás que a elexiron, primeiro como Secretaria Xeral na súa organización e logo como deputada, senón tamén pertencer a un partido e a un grupo parlamentar que non está imputado.

“En verdade a señora Prado, coa que está caendo no PP, cun presidente do Goberno e do seu partido que vai ter que declarar como testemuña nun dos maiores casos de corrupción do Estado, pode permitirse o luxo de dar lecións de nada?