Carmen Santos cualifica de éxito a campaña #AMPLIANDOVISTALEGREII

A Secretaria Xeral de PG asegurou que esta ruta, que hoxe concluiu en Santiago logo de percorrer o país, marca un “punto de inflexión” en Podemos Galicia e cumpre co mandato da asamblea estatal de dar máis protagonismo aos círculos.
Publicado por o día 26/03/2017 na sección de Podemos,Política,Vigo

Carmen Santos cualifica de éxito a campaña #AMPLIANDOVISTALEGREII

​A Secretaria Xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, valorou hoxe moi positiviamente a campaña #ampliandovistalegreII, que hoxe concluiu en Santiago, pois demostrou “que hai un punto de inflexión, unha segunda etapa na organización caracterizada pola democratización e descentralización tamén a nivel galego”.

Carmen Santos, en declaracións aos medios previas ao encontro, explicou que o balance da campaña non pode ser máis que positivo, non só pola receptividade comprobada, senón porque se cumpriu o obxectivo de achegar a organización a moitos recunchos do País que tiñan máis difícil a participación.

Neste sentido, salientou tamén o interese por reactivar novos Círculos ou a creación de Círculos novos e a participación, que superou as 400 persoas.

Para a Secretaria Xeral, logo da asamblea estatal, esta campaña permitiu, por unha banda, trasladar os principais acordos e documentos aprobados na mesma e, por outra, abordar a súa adecuación e aplicación en Galicia.

Política de transformación

Asemade, explicou que grazas a este percorrido, se trasladou aos compañeiros e compañeiras a necesidade e mandadato da asamblea estatal de implicarse, tamén dende os municipios e as vilas, na política de transformación que define a Podemos e que se debe exercer de forma dual, dende as institucións e dende a rúa.

Carmen Santos estivo acompañada na súa comparecencia polo Coordinador estatal de Alianzas e Unidade Popular, Pablo Fernández, convidado explicitamente para pechar esta campaña, Juan Merlo, Secretario de Organización, Marlene Pérez, Secretaria de Economía e Rogelio Santos, Secretario de Mar, como algúns dos membros da executiva que participaron na ruta.