Carmen Santos cualifica de “fantástica” a acollida do Tramabús no seu paso por Galicia

Publicado por o día 06/05/2017 na sección de Podemos,Política,Vigo

Carmen Santos cualifica de “fantástica” a acollida do Tramabús no seu paso por Galicia

A secretaria xeral de PG e vicevoceira 2ª do GP En Marea acusa ao PP de mentir respecto á súa ausencia na Comision 1 onte no Parlamento, pois o horario do Tramabús non tiña a ver coa comisión.

Santos tira de ironía e pregunta e anima á deputada do PP, Paula Prado, a facer “máis méritos dos malos” para poder ser a próxima “Convidada Especial” dos protagonistas do bus,que en esta ocasión foi Feijoó.

O percorrido de hoxe: Lugo-A Coruña-Cee-Santiago serviu para denunciar casos como o da Pokemon, Campeón, a estafa das preferentes, a fusión e venta a prezo de saldo das Caixas ou o vencello de Villar Mir coa Xunta, entre outros asuntos.  

 A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, cualifou hoxe de “fantástica” a acollida que está a ter o Tramabús no seu percorrido por Galicia, que atribuiu ao hartazgo da cidadanía ante un “sistema de goberno do PP “ caracterizado pola corrupción; “é, de feito, o segundo problema que máis preocupa aos cidadáns segundo o CIS -dixo- non é algo que non exista, como sosteñen con total desvergoña algúns voceiros populares e o propio Feijóo en sede parlamentar, algo que inventaramos a oposición”.

Carmen Santos fixo estas declaracións á chegada do bus á cidade da Coruña, que puxo como outro dos exemplos de urbe na que se pode visibilizar dun xeito moi claro a “trama” que está a desenmascarar e denunciar Podemos, pois lembrou que a fusión das Caixas en Abanca é un dos principais exemplos de “xestión turbia” de Núñez Feijóo.

A inclusión de Galicia, de feito, na ruta do Tramabús por diferentes territorios do estado responde a que, segundo explicou, é un dos lugares con máis ramificacións dos distintos casos de corrupción, nomeadamente da trama Gurtel, “que ten xa a Pablo Crespo, home de confianza do defunto Cuiña e do señor Feijoo” e e que vai levar a declarar ao propio presidente de goberno, Mariano Rajoy.

A secretaria xeral da organización morada e vicevoceira 2º do GP En Marea, acompañada por membros da executiva de Podemos Galicia, do CCA e compañeirxs deputados no parlamneto galego, así como dun bo número de simpatizantes e inscritos, denunciou o roubo aos milleiros de galegos e galegas traballadores por parte das Caixas.

Roubo, na súa opinión, que se aproveitou do trato especial e case familiar que caracterizaba ás Caixas fronte aos bancos. “Primeiro lles roubaron coas preferentes -comentou- o logo coa fusión, que axiña se demostrou que foi un desastre, e venta a prezo de saldo a unha grande entidade financieira venezolana; mentres nos acusan a outras organizacións políticas de ser nós os que temos negocios con ese país”.

A preguntas dos xornalistas a respecto das críticas do PP por non ter acudido onte á Comision Primeira, asegurou que é un caso máis de “difamación” e de “tentar desviar a atención” por parte dos poulares, sobre todo cando se está a falar de corrupción.

Lembrou que é práctica habitual, que ademais permite o regulamento do Parlamento, facer cambios nas ordes do día para compatibilizar o traballo dentro da Cámara e fóra. “Onte estaba realizando unha serie de visitas en lugares públicos para preparar, precisamente o pleno do próximo martes. En Marea é transparente, a xente sabe onde estamos e de qué falamos, e todos sabedes, ademais, que a hora de saído do autobús era ás tres da tarde, así que a mentira ten as patas moi cortas”.

Carmen Santos engadiu convidando á deputada do PP, Paula Prado, que foi unha das que máis criticaron onte a súa ausencia na Comisión, a que fale da “Operación Pokemon, que tamén ten relación coa Gurtel e da que ella sabe moito. Ao mellor é que quere ser a próxima Convidada Especial do Tramabús, pero aínda ten que facer máis méritos, dos malos, para estar á altura de Feijóo”, ironizou, xa que na súa ruta galega o Tramabús engade aos personaxes unha ilustración do presidente da Xunta como “Convidado Especial”.

Pola súa parte, Isabel Faraldo, como secretaria xeral de PG A Coruña, insistiu na relación da Coruña co caso Pokemon, que afectou a doce concelleiros, e animou a participar na manifestación de mañá en defensa da zona porturaria, ameazada tamén por negocios privados inmobiliarios.

O caso Pokemon foi precisamente o tema que centrou o comezo da ruta de hoxe, que partiu da cidade de Lugo, con parada en Guitiriz, na estación de servizo que se fixo famosa polo encontro entre o ex ministro socialista José Blanco e o empresario Jorge Dorribo, implicados ambos no caso Campeón.

Antes da chegada á cidade herculina, fíxose parada tamén en Mugardos, preto de Reganosa, onde se concentrou o Comité de Emerxencias Cidadá, que agredeceu o apoio do Tramabús á súa loita. Esta tarde percorre Cee, onde o membro do CCA e deputado do GP En Marea, Pancho Casal, explicará as vinculacións de Villar Mir coa Xunta no caso da empresa Ferrovial, e logo chega a Santiago, ruta na que a tamén deputada e membro do CCA, Luca Chao, falará da Cidade da Cultura. Finalmente, San Caetano acollerá o peche desta ruta que, xunto á moción de censura e a moción cidadá en Sol do próximo día 20, demostra que “hai alternativa ao goberno do Partido Popular”, concluiu Carmen Santos.