A secretaria xeral de Podemos, Carmen Santos, participou hoxe no Ateneo de Ferrol na presentación dunha das propostas sobre Renda Básica na que está a traballar o Círculo Estatal sobre este asunto,, advogando por esta renda ”porque todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna desvinculada do emprego”.
Non obstante, recoñeceu que a súa aplicación debe facerse de forma progresiva e, obviamente, sen renunciar ao estado de benestar, é dicir, mantendo os servizos básicos publicos, a diferenza doutras propostas de carácter neoliberal.
Santos lembrou que entre os benefícios dunha renda destas características estarían: a redución drástica das taxas de pobreza, fortalecería o poder negociador dos traballadores, aumentaria o consumo, o empreendimento e, en definitiva, “daría estabilidade política e sería bo para o fortalecimento da democracia”.
Xestión Jorge Suárez
Por outra parte, a preguntas dos xornalistas antes de comenzar o acto, sobre a xestión do alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, afirmou que está segura de que está a traballar tendo o beneficio das maiorías socias e de todos os veciños e veciñas da cidade como prioridade.
“Agardo poder falar axiña con el e ter un encontro para avaliar cómo se están desenvolvendo as políticas de cambio aquí”, anunciou.
Asemade, denunciou a “política de acoso e derribo” á que está sendo sometido o traballo de Suárez, tanto do porto de vista mediático como desde as outras forzas políticas. “É bo que a oposición exerza como oposición e que haxa crítica, pero non que sexa só con carácter destructivo”, concluiu.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.