Carmen Santos defende a necesidade dos cursos de formación para desempregadxs pero reclama medidas de mellora para que acaden o obxectivo da inserción

A vicevoceira 2a do GP En Marea e secretaria xeral de PG reivindica a oportunidade desta PNL coincidindo cos últimos datos do paro, que seguen a arroxar cifras preocupantes para Galicia.
Publicado por o día 02/06/2017 na sección de Podemos,Política,Vigo

Carmen Santos defende a necesidade dos cursos de formación para desempregadxs pero reclama medidas de mellora para que acaden o obxectivo da inserción

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, como vicevoceira 2a do GP En Marea defendeu hoxe no Parlamento unha propsición non de lei que tiña como obxecto a mellora dos cursos de formación para desempregados e desempregadas.

Carmen Santos, en debate na Comisión 1a, explicou a oportunidade desta iniciativa xusto no día que se coñecían os datos de paro máis recientes que, se ben seguen amosando unha diminución no número de persoas desempregadas, esta baixada continúa a ser menor que no conxunto do Estado.

A parlamentar lembrou, ademais, que os datos non podían ser motivo de ledicia toda vez que a taxa de temporalidade se sitúa por riba do 26,2 por cento, por riba da media en España e só superada por Polonia en Europa. Ademais, engadiu, a metade dos parados e paradas non cobran ningún tipo de prestación e 1 de cada 4 galegos está en risco de exclusión social.

Para a vicevoceira, estes datos demostran que a economía galega se desacelerará nos próximos anos, “alomenos disto alerta o Foro Económico”, asegurou.

Ante esta realidade, afirmou que as administración públicas deben sumar esforzos para cambiar isto e os cursos de formación, en principio, poderían ser unha boa iniciativa “se a Xunta non os programara só para saír nos medios de comunicación”.

Carmen Santos denunciou que ata o de agora estes cursos non están tendo unha correspondencia no nivel de inserción laboral do estudantado, “malia que Feijóo fale dun 56 por cento de persoas que atopan traballo nos 12 meses posteriores ao curso, o que non conta Feijóo é que se falamos de traballos con verdadeira relación co curso, a cifra baixa ata o 11 por cento”.

Ademais, a vicevoceira e secretaria xeral de PG, recolleu a reivindicación dos afectados e afectadas, de incrementar o número de horas de prácticas, e pediu maior control para as empresas, concellos e entidades sen ánimo de lucro que poden ofertar os cursos.

“Trátase –dixo- de evitar casos como o da trama dos cursos falsos realizados por unha empresa de Ourense, sobre a que a Xunta tiña coñecemento pero decidiu non denunciar, o cal é gravísimo”.

A iniciativa debatida, que foi rexeitada cos votos do Partido Popular, partidario só da mellora da oferta educativa, recollía as seguintes medidas:

1. Incremento dos níveis de control sobre as entidades e institucións organizadoras

2. Mellorar a oferta educativa para responder a todas as necesidades do mercado laboral

3. Aumentar o número de horas para as prácticas en empresas

4. Elaborar un informe detallado de cada curso onde se recolla o seu nivel de inserción