Carmen Santos emenda ao PP no Parlamento e pide que amose mesmo interés por regular publicidade sanitaria que publicidade institucional

A vicevoceira 2a do GP En Marea e secretaria xeral de PG lembra que xa existe unha normativa galega para o control da fraude na publicidade sanitaria.
Publicado por o día 23/05/2017 na sección de Podemos,Política,Vigo

Carmen Santos emenda ao PP no Parlamento e pide que amose mesmo interés por regular publicidade sanitaria que publicidade institucional

A vicevoceira 2a do GP de En Marea e secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, reclamou hoxe na cámara galega que o Parlamento inste á Xunta e ao Goberno central a que, no ámbito das súas competencias, procedan a mellorar a regulación da publicidade sanitaria, contando cos colexios profesionais, sindicatos e colectivos de persoas afectadas.

Carmen Santos amosou deste xeito o compromiso de En Marea para velar contra a fraude a través da publicidade enganosa nun ámbito tan delicado como é o sanitario, mais lembrou que xa existe normativa para poder acometer este traballo, polo que asegurou que hai algo “enganoso” tras a PNL presentada polo Partido Popular, e de aí a emenda de sustitución de En Marea.

Atentando á soberanía

Para Santos, a PNL dos populares realmente é unha “cortina de fume” e un atentado á soberanía de Galiza, pois deixa toda a responsabilidade de regular esta publicidade ao Estado, “sen que teñamos influencia directa dende o noso país, cando, ademais, contamos coa nosa propia norma, o Decreto 97/1998 – Unha norma do goberno do señor Fraga”.

“Se as competencias da normativa estatal non están claras, tal como din vostedes – engadiu- deberiamos potenciar e fortalecer normas coma esta para avanzar no autogoberno de Galicia e a súa eficaz – e real – execución, non?”

Publicidade institucional

Pero o que máis chamou a atención á parlamentar é que o PP teña tanto interese na materia sanitaria e, sen embargo, non amose o mesmo entusiamos á hora de regular a publicidade institucional.

Neste sentido, lembrou cómo, por exemplo, o señor Feijóo comprometeuse a impulsar unha Lei de Publicidade Institucional e esta nunca viu a luz máis alá dunha Lei de Transparencia e bo goberno que non conta con dotación orzamentaria, co cal é como se non existirá.

Carmen Santos denunciou esta situación porque, grazas á ausencia efectiva da Lei, a comezos do ano pasado o “gobeno do partido imputado de Rajoy – sucursal Feijóo – adxudicou máis de 341.000 mil € a 8 medios de comunicación sen pasar polo trámite de contratación reglada, transparente e que permitise a libre concorrencia”.

Armas presuntamente“tramposas”

Referiuse tamén á direción da TVG e da Radio Galega e á súa ausencia de rigor e “indecencia” na información, provocando certa controversia co presidente da Mesa, Miguel Santalices, ao cuestionar que algúns ceses dos que se está a falar na CRTVG teñan a ver coas próximas elecións municipais, “para poder preparar con calmas as armas presuntamente tramposas das que se valen, entre elas os medios públicos, para gañar os comicios”.

“O relevante –concluiu- é que non queremos que exista publicidade nin información enganosa en ningún asunto. En ningún. E que se mollen e fagan uso das súas competencias. Que cumpran as leis, as leis e tamén os principios éticos que moitas veces non son regulados nos Parlamentos pero que non deixan por iso de exisitir na cidadanía, froito do consenso da maioría social”.

Moción de censura

A este respecto, Carmen Santos aproveitou para lembrar as palabras do seu compañeiro de Podemos Pedro Honrubia o pasado sábado durante os distintos debates sobre a concentración de apoio á moción de censura contra Rajoy presentada polo grupo confederal no Congreso:

“La corrupción no es una cuestión ética. Pero el discurso contra la corrupción y sus efectos en la vida cotidiana de las personas sí tiene que serlo. Nuestro pueblo es digno, ellxs indecentes. No nos representan porque no se parecen en nada a nosotros.

Nos hacen sentir vergüenza de la imagen que dan de nuestro Estado al mundo, de sus prácticas y de su absoluta falta de empatía con el sufrimiento de la gente común. La corrupción no es una cuestión ética, pero echarlos, la necesidad de echarlos, sí lo es. “