A secretaria xeral de Podemos Galicia Carmen Santos, membro do equipo redactor dos documentos éticos, políticos e organizativos da candidatura de Pablo Iglesias á secretaria xeral e o consello cidadán de Podemos, participou hoxe na presentación oficial da candidatura “Podemos para todas” na fundación diario Madrid da capital do estado.
A secretaria xeral da formación morada quixo así acompañar aos galegos que formarán parte da candidatura como o ourensán Pablo Fernández, ou a actual membro da súa executiva, Marlene Pérez.
Carmen Santos sinalou tras a presentación que “Pablo Iglesias e o seu equipo seguen sendo indispensables para garantir que Podemos convértase no cambio real que garanta un país no que ninguén queda atrás” e quixo tamén apuntar nun día como hoxe, no que se debateu a moción de confianza asociada aos orzamentos que presentou o alcalde da Coruña, que “Un podemos para todas faise imprescindible porque a gran coalición PPSOE segue amosando os seus tentáculos, para arrasar cos cambios que xa se introduciron antes de que empecen a florecer”.
Por último Santos tamén se mostrou satisfeita de que o vindeiro mércores Galicia sexa a sede do debate ético e organizativo da formación morada de fronte ao segundo congreso de vistalegre da formación que lidera Pablo Iglesias e no que lle confirmaron de momento a asistencia do portavoz no senado de Podemos e secretario xeral na comunidade de Madrid Ramón Espinar.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.