A Secretaria Xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, a Deputada de Unidos Podemos por Canarias, Meri Pita, e a senadora de Unidos Podemos por Navarra, Idoia Villanueva, intervirán nun acto en Santiago de Compostela dentro da ruta “Conectar España” o próximo 2 de decembro, para seguir abrindo espazos de debate e diálogo entre cargos públicos, militancia e cidadanía. O acto terá lugar no Hotel Gelmirez, situado na Rúa Do Hòrreo, 92, ás 19.00 horas.
Este encontro enmárcase dentro da ruta “Conectar España”, unha iniciativa na que as e os portavoces da formación percorren o estado para atoparse coa cidadanía e expor de que modo articúlase nos diversos territorios o seu proxecto plurinacional.
Noticias de última hora en Vigo