Carmen Santos participa no almorzo “Multiplica resultados aprovechando fortalezas”

Un almorzo organizado por CEGASAL.
Publicado por o día 11/10/2016 na sección de Podemos,Política,Vigo

Carmen Santos participa no almorzo “Multiplica resultados aprovechando fortalezas”

A secretaria xeral de Podemos Galicia e deputada autonómica por En Marea, Carmen Santos, participou hoxe martes no encontro celebrado na sede do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo, baixo o título “Multiplica resultados aprovechando fortalezas”. O acto, que tivo a forma de almorzo, foi organizado pola Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (CEGASAL).

O almorzo contou coa intervención da delegada en Galicia do diario Expansión, Abeta Chas Romay, que foi a encargada da apertura do mesmo, seguida polas intervencións do presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Ramón Güell Cancela e o presidente de CEGASAL, José Antonio Vázquez Freire.

A continuación os invitados puideron desfrutar dun almorzo elaborado polo centro especial de emprego sen ánimo de lucro “Hornos de Lamastelle”, tras o que se procedeu á presentación das distintas iniciativas asociadas a CEGASAL, que correu a cargo das xerencias dos distintos centros especiais de emprego de iniciativa social. A coordinadora de Emprego da FAXPG (Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia) interviu a continuación presentando os servizos de apoio ó emprego, correndo a cargo da Excma. Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús.

Carmen Santos valorou o encontro como “unha iniciativa necesaria que busca avanzar cara á plena integración das persoas con diversidade funcional no mercado de traballo”, algo que calificou como “imprescindible” e que sinalou como unha das liñas programáticas de En Marea que “teremos moi presente no noso traballo parlamentario para avanzar cara a unha Galicia máis xusta para todas e todos”.