A vicevoceira de En Marea, Carmen Santos, preguntoulle hoxe á Consellería do Mar que medidas inmediatas vai adoptar o goberno da Xunta para acometer o saneamento da ría de Pontevedra que evite a mortandade de marisco derivada dos elevadísimos niveis de contaminación das augas.
“Os altos niveis de contaminación presentes na ría, unido á incapacidade ou deixadez das administracións públicas para realizar un plan de saneamento efectivo da mesma, está levando á ruína aos mariscadores e mariscadoras da zona” denunciou Carmen Santos na comisión de Pesca da Cámara galega. E engadiu que “un exemplo claro de que a ría ten altos niveis de contaminación atopámolo en marzo do ano 2016, cando a Xustiza europea sentenciou que a ría de Pontevedra incumpre o tratamento de augas, afirmando que persisten os verquidos incontrolados á ría e que isto conleva un indudable risco para a saúde pública.”
Esta situación vese reflexada na capacidade produtiva dos campos marisqueiros xa que, por exemplo, entre os 2009 e 2016 as capturas de ameixa babosa reducíronse un 88,47%, as de ameixa fina un 60,52% e as de berberecho un 97,1%. “Estes resultados demostran que estamos ante un problema real, non ante interpretacións,pois deixar morrer a todo un sector do que dependen centos de postos de traballo directos e outros tantos indirectos, representa unha irresponsabilidade por parte de todas as Administracións públicas” denunciou Santos.
O director xeral de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, respostou negando que a ría de Pontevedra se atope nunha situación crítica e centrou a solución ao problema en investimentos futuros derivados do FEDER. Sobre ENCE alegou a validez da autorización de Costas para a papeleira e sinalou que a sentenza de Europa que sanciona a Galicia polo saneamento das rías é declarativa.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.