Carmen Santos salienta a boa acollida da ruta #AMPLIANDOVISTALEGRE

Publicado por o día 12/03/2017 na sección de Podemos,Política,Vigo

Carmen Santos salienta a boa acollida da ruta #AMPLIANDOVISTALEGRE

A Secretaria Xeral de Podemos, que mañá estará en Vigo con esta  campaña, contrapón o traballo da formación morada aos “grandes titulares de Feijóo” gabándose de que é o único que ten “feitos” que o avalen de cara ás próximas elecións municipais.

“Estamos a rearmar os Círculos con vistas aos retos de futuro máis inmediatos, como as elecións, seguros de que, xunto aos nosos aliados, teremos concellos gobernados para os cidadáns e as súas verdadeiras necesidades”.

A Secretaria Xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, valora moi positivamente esta primeira semana de campaña: #AmpliandoVistalegre, coa que a formación morada está percorrendo o País para dar a coñecer os axustes dos documentos saídos da Asamblea de Madrid a Galicia e rearmar os círculos con vista aos retos de futuro más inmediatos da organización, nomeadamente as elecións municipais.

“Seica Feijóo anda a gabarse e exhibir os sus «feitos» como aval frente a quen só pon «tuits simpáticos» ou sube fotos ás redes -comenta Santos- Pois que continúe coa súa política de titulares que nós estamos tranquilos. En Podemos estamos a rearmar os nosos círculos precisamente coa vista posta nos comicios e coa seguridade de que, xunto aos nosos aliados, será posible facer frente ao PP”.

A ruta percorreu xa, Baiona, Carballiño, Lugo, Pontevedra, Redondela, Riberia Sacra, Sarria, Verín, con grande acollida por parte dos asistentes, tanto porque se recoñeza de novo o papel fundamental dos círculos, como polo papel que se lles vai outorgar e polos principios que rexen esta nova etapa en Podemos, de descentralización da acción política, feminización da estratexia do partido e recuperar o papel das bases.

Este novo protagonismo que se lle dá aos círculos implica algo que non se daba ata hoxe: distinguir entre adscritos e militantes. Os segundos serán os que teñan máis compromiso e participación e formen parte dun censo que se está a elaborar.

Nos lugares nos que haxa máis de de 51 militantes (de momento A Coruña e Vigo), nomearanse Consellos Cidadáns Municipais, a maiores dos círculos. Nas localidades nas que non se chegue a esa cifra, os Secretarios Xerais integraranse nos círculos para que os adscritos poidan ter tamén un órganos de canalización das súas demandas. Por último, dada a dispersión da poboación en Galicia, nos casos nos que será difícil manter círculos estables, formaranse estructuras comarcais.

O obxectivo é visitar os 41 círculos activos ou en vías de activación, polo que a campaña continúa durante as dúas próximas semanas. Os lugares a visitar serán: Ordes, Arzúa e Oleiros, Narón, Ferrol, Santiago de Compostela, O Barco de Valdeorras, Ourense, Cangas/Moaña, Ames, Vilanova de Arousa, Chantada, Ribeira, Viveiro, O Saviñao, Foz, A Coruña, Betanzos, Cambre, Caldas, Gondomar, Cee, Salceda, Arteixo, Tomiño, Cedeira, Sanxenxo, Ribadavia, Monforte de Lemos, Teo.

A ruta chegará mañá a Vigo, con Carmen Santos e Juan Merlo -Secretaria Xeral e Secretario de Organización- como relatores, Será o luns no Corsa di Palio (Uruguay, 4) ás 20.00h.