Carmen Santos visita a “zona cero” dos incendios de Vigo e responsabiliza a Feijóo

-A Secretaria Xeral de PG amosa o seu pesar polas catro vítimas e traslada a súa solidariedade a familiares e amigos.
Publicado por o día 16/10/2017 na sección de Galicia,Podemos,Política

A Secretaria Xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, está a visitar hoxe diferentes zonas de Vigo afectadas polos incedios que están a asolar a cidade e comarca dende onte e que custaron a vida a catro persoas, polo que as súas primeiras palabras foron para as famlias dos falecidos, todo o apoio e solidariedade así como a veciños e amigos.

Carmen Santos, logo de comprobar in situ a situación en Coruxo, cualificou de “inaudito”, “irresponsable” e “dantesco” o vivido esta noite en Vigo, “unha situación de caos e de cercamento da cidade máis grande de Galicia que non lembramos ningunha das persoas que levamos moito temo convivindo con lume en aldeas do rural”

A líder de Podemos explicou que non hai xustificación posible para non dispor dos efectivos suficientes para paliar a situación que se produciu, pois xa apola tarde había indicios suficientes para saber que o lume se estaba chegango á cidade e que se estaba a volver incontrolable por mor do vento e a falta de chuvias.

A cidadanía organizada

“Unha vez máis –engadiu- tivemos que ver a resposta da cidadanía autoorganizada suplindo o que deberían facer os efectivos da Xunta, pero ou actuaba a xente ou os lumes chegaban ás casas”. Para Carmen Santos, é moi grave ter que ver a veciños, a moitos amigos e amigas sumidos no medo e no nerviosismo, tentando evitar que as lapas chegaran ás fiestras das súas casas e respirando unha nube de fume que ten provocado máis dunha intoxicadión de certa gravidade.

Lembrou que moitas persoas foros desaloxadas e outras tantas pasaron a noite baixo a ameaza de ter que abandoar as súas casas mentres vían cómo os efectivos non chegaban “por incompetencia da Xunta” e os focos se replicaban noutros lugares como Redondela, Nigrán, Baiona (que tamén ten previsto visitar).

“Sabiase que a climatoloxía non ía mudar –reprochou Carmen Santos- E aínda así, o 30 de Setembro a Xunta decidiu prescindir de 436 brigadistas, cando dende todos os estamentos e diferente persoal estaba advertindo de que outubro era un mes de risco, onde se podía producir un caos, dado o precedente doutros anos, a seca e as altas temperaturas”.

Neste sentido, lembrou que mesmo o sábado xa criticara nunhas declaración antes os medios a privatización e externalización do sistema de prevención e que esta política podía conducir a unha situación de caos, “que desgracidamente non tardou 24 horas en suceder”.

“Sabemos –engadiu- que agora Feijóo está a cargar sobre todos menos sobre o seu goberno e as súas consellerías, facendo un exercicio de desmemoria selectivo, pois semella que xa non lembra o que tal lle dixo a Touriño no verán do 2006, cando o ex presidente tiña que facer fronte a unha situación herdada dos gobernos de Fraga”.

Para Santos, está claro que os pirómanos son os que fan negocio coa prevención e a extinción de lumes en Galicia e dende logo, dende Podemos “non imos xustificar que se cargue a culpa en quen non é, senón que se castigue a quen realmente comete o delicto e se aposte por unhas políticas de prevención que sexan, ademais, unha verdadeira declaración de intencións de defensa do monte galego”.