Carolina Bescansa defende en Noia o sector marisqueiro galego

Publicado por o día 28/10/2019 na sección de Máis País- EQUO,Política

Carolina Bescansa defende en Noia o sector marisqueiro galego

Bescansa aposta pola responsabilidade medioambiental para garantir os postos de traballo do sector.

Carolina Bescansa e Rogelio Santos, cabezas de lista de Máis País-EQUO pola provincia de A Coruña ao Congreso e ao Senado, visitaron hoxe a festa de exaltación do berberecho celebrada en Noia.

A candidata de Máis País chamou a atención sobre a importancia do sector marisqueiro na zona e a relevancia que ten o xeito no que se explota nesta ría o berberecho, “que debe ser un exemplo para o resto das nosas rías”, asegurou Bescansa.

A compostelá defendeu que é preciso “garantir que nin a minería extractiva nin a xestión das depuradoras poñan en risco unha fonte de riqueza para a Ria e unha fonte de traballo para as 2000 familias que traballan na explcación do berberecho na ría de Muros e Noia”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.