Carta aberta á cidadanía dun medico e medica de familia-pediatra da área sanitaria de Vigo

Publicado por o día 21/05/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Carta aberta á cidadanía dun medico e medica de familia-pediatra da área sanitaria de Vigo
Quen son? cal é o traballo que debo facer?
 
Estou aquí facendo o que sempre quixen facer, ser médico, iso que din que unha profesión vocacional. Estudei durante moitos anos, e durante ese tempo, os diferentes profesores e formadores, ensináronme que nosa principal MISION é: Curar ao paciente, sempre que iso sexa posible, aliviar a súa dor e sempre estar ao seu lado para confortarlle nos seus padecimientos.
 
Para poder lograr isto, ou polo menos tentalo:
 
OS MÉDICOS DEBEMOS ESTAR CAPACITADOS PROFESIONALMENTE, isto quere dicir, TER O NOSO TÍTULO DE MEDICINA E DESPOIS PASAR 4 ANOS FORMÁNDONOS COMO MÉDICOS ESPECIALISTAS.
 
· NON MENOS IMPORTANTE, DEBEMOS TER EMPATIA COS nosos PACIENTES (comprendelos e poñernos no seu lugar), E PODER ATENDELOS CANDO O NECESITAN.
 
· Un famoso médico canadense, nacido o século pasado dicía xa por entón: “Un médico para un bo exercicio profesional debe prepararse cientificamente e ademais disto cumprir coas tres HACHES: Humor, Honestidade e humildade. O ter HUMOR, cada vez é máis complicado polas condicións nas que nos fai traballar o SERGAS, os descualificativos que escoitamos continuamente nos medios de comunicación e o menosprezo con que nos trata. O que non nos falta é HONESTIDADE para denunciar a situación actual e HUMILDADE.
 
· A nosa profesión, réxese polo XURAMENTO HIPOCRATICO e polo Código Deontolóxico. Un dos artigos de obrigado cumprimento é o poñer en coñecemento dos nosos superiores cando algo non funciona adecuadamente, co único fin de mellorar a asistencia que ofrecemos aos nosos pacientes. No momento actual, atopámonos en conflito cos nosos dirixentes do SERGAS, por defender, ata as últimas consecuencias, todas as normas, obrigacións e directrices da profesión médica.
 
· Mentres os nosos directivos falan de gasto, índices, cocientes, produtividade…, nós falamos cos nosos pacientes de esperanza, curación, dor, incerteza, medo, ansiedade… e outra infinidade de sentimentos humanos.
 
A diario vivo con vostede, o meu paciente, situacións que cada vez son máis frecuentes, demasiado frecuentes, que lle producen a vostede angustia e preocupación, e a min, impotencia de non poder solucionalo, moitas lle serán familiares:
 
– Dr. Dixeron que me chamarían para darme a cita do hospital e aínda non me chamaron… e xa pasaron 3 meses Sabe Vde cando me chamarán e para cando me darán a cita?
 
– Dr. Pediume Vde. unha cita desas telemáticas para biopsiar un nódulo de tiroides e danma para dentro de sete meses. Que fago?
 
– Dr. Pediume o especialista unha Colonoscopia para saber o que teño, dixéronme que me chamarían para darme a cita e aínda non me chamaron non se pode facer nada? non se onde preguntar ou onde chamar?
 
– Dr. Veño pouco, pero cando veño, aproveito para consultarlle todas as dúbidas, pero hoxe hai moito atraso e moitas urxencias non? xa non me atrevo a preguntalo todo, daralle tempo?
 
– Dr. Vai tardar moito en volver desa Urxencia que lle mandou atender o 061 fose do Centro? É que xa levo media hora esperando para a súa consulta e se ten que saír, a saber a que hora volve.
 
– Dr. Dinme en Admisión que a matrona leva dous meses de baixa sen substituír e que escriba unha folla de reclamación Que podo facer?
 
– Dr, é certo que non hai pediatra para poñer, agora que se xubilou o de sempre?
 
– Dr, veño de urxencias porque o meu médico está de baixa desde hai 2 meses e non o substitúen, non me dan cita e cada vez que veño aténdeme un distinto.
 
Estas e outras moitas situacións similares son as que eu e os meus compañeiros compartimos cos pacientes diariamente nas nosas consultas. Debido ao incremento nas listas de espera ou atrasos en probas diagnósticas, moitos, aqueles que economicamente poden, danse de alta nun seguro privado ou pagan unha consulta médica e/ou proba complementaria. Creamos así unha sociedade de desigualdades, na que os que teñen un bo nivel económico acceden á atención sanitaria nunhas mellores condicións que os que non o teñen. UNHA SOCIEDADE INXUSTA.
 
Pedimos desculpas polos prexuízos que estes dous días de folga poidan ocasionar á cidadanía e aos nosos compañeiros dos servizos de urxencias, con todo, tomamos a decisión de adoptar esta medida extrema ante a resposta dos nosos actuais xestores:
 
1. Negar as evidencias #ante as nosas protestas.
 
2. Promesas baleiras de compromiso.
 
3. Mentiras e ofensas dirixidas cara ao colectivo profesional, menosprezando o noso quefacer e esforzo diario.
 
Tapáronse os ollos e oídos ante a situación real que tantas veces expuxemos ao longo dos últimos anos os profesionais de Atención Primaria e para o que vimos pedindo solución desde hai moito tempo, demasiado.
 
Os nosos DIRECTIVOS DO SERGAS DIN QUE ESTOU SÓ NESTA LOITA, PERO EU NON SÍNTOME SÓ, PORQUE VOSTEDE, O MEU PACIENTE, ACOMPÁÑAME.
 
Como di a canción, NON ESTAMOS TOLOS, SABEMOS O QUE QUEREMOS, unha SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E IGUAL PARA TODOS.
 
COMITE DE FOLGA DE MEDICOS DE ATENCION PRIMARIA

Julio Enrique Prado Domínguez, Alberto García Pazos,Ignacio González Yebra-Pimentel

Ángeles Lora Sánchez,María Jesús Soto Vázquez ,Julia Bóveda Fontán,Luciano Garnelo Suárez Marta Delfín Vázquez,Luis López Vilar,Juan Sánchez Lastres ,Carmen Loureiro Beloso,María Pilar Fandiño Pen