Carta aberta a Isaura Abelairas

Publicado por o día 12/08/2015 na sección de Os Ninguéns,Vigo

Carta aberta a Isaura Abelairas

Señora concelleira,

O foro socioeducativo Os Ninguéns nos diriximos a vostede para expresarlle a nosa opinión sobre o que está acontecendo no departamento que vostede xestiona.

Sobre cando contestou no último pleno da corporación “que se lle preguntara á Xunta de Galicia” do porqué na segunda quincena do mes de xullo se retirara o autobús que prestaba o seu servicio do programa Sísifo de Érguete, antes Sereos do Casco Vello, programa que anteriormente se ofrecía no local municipal de Elduayen nº 11 e que fai xa máis de dous anos pechou para posteriormente dalo nunha concesión municipal a unha xoiería: daquelas xa alegara que tomaba esta decisión como consecuencia dos recortes da Xunta de Galicia. En pleno municipal, ou nos medios de comunicación adquiriu unha alta capacidade de desinformar e falar sen respeto. O autobús de Jacinto Benavente tiña na parte dianteira e traseira un amplo cartel co escudo e a inscripción “Concello de Vigo”.

O importante departamento de Benestar Social achégase a ser un fraude, sobre todo para as personas que non cubren as súas necesidades básicas pois hoxe achegarse a unha unidade de traballo social do concello de Vigo (UTA) para solicitar unha cita coa traballadora social pode ter unha demora de cerca de tres meses, xestionar unha renda de integración social (RISGA) en benestar social do concello pode demorarse en máis de oito meses.

Solo estas dúas realidades serían suficientes para que fixera unha autocrítica, pedirá perdón polo daño que está a facer e correxira esta realidade, xestionando o seu departamento con responsabilidade, compromiso, innovando, modernizando e aumentando os orzamentos e o número de profesionais que atenden aos cidadáns, convertindo as UTAS en UNIS (Unidades Interdisciplinares Sociais) formadas por equipos multidisciplinarios socioeducativos, cumplindo os tempos de atención e
xestión recollidos na normativa autonómica e municipal sobre políticas de benestar social.

Os cheques sociais, que foron inventados para facer políticas de exhibicionismo partidista provocan humillación, estigmatización, malestar e os demandantes son sometidos a largas colas para achegar documentación (sen suficiente intimidade, anonimato ou privacidade), que na maioría dos casos xa consta nas historias sociais persoais no concello de Vigo e Xunta de Galicia.

Os dous millóns de euros dos cheques sociais son necesarios pero tiñan que estar disponibles nunha partida do departamento de benestar todos os meses do ano, para que as traballadoras sociais poidan atender no “aquí e agora” as urxencias sociais cando éstas aparecen.

Igualmente deberían posicionarse firmemente na petición de que os pisos municipais deixen de venderse de maneira especulativa e pasen a formar parte dun moi necesario parque público de vivendas en réxime aluguer social, ou coste cero, que poderían utilizar todos os cidadáns que non alcanzan a poder pagar unha vivenda digna; parados de longa duración, empobrecidos, perceptores de RISGA ou PNCs, etc.

En relación co centro de integración social, coñecido como albergue municipal, chegou un momento de evaluar e escoitar aos beneficiarios fundamentalmente en relación coa normativa do que cada usuario pode permanecer soamente dez días ao mes neste acollemento residencial, o que fai que un importante número de persoas sen fogar non estén dispostos a deixar o choupano onde se acollen por ter medo a perder ese espazo, consideramos urxente que o sesenta por cento das camas dispoñibles estén dispostas para acoller sine die a enfermos pobres crónicos que sigan un itinerario de non retorno a estes choupanos, por ter atopado un recurso habitacional permanente. As persoas enfermas teñen que ser coidadas e protexidas para evitar o alto índice de mortandad prematuro.

Desexamos expoñerlle que coa súa medotoloxía de xestión do seu departamento está facendo un dano irreparable a moitas das persoas que acuden aos servizos sociais municipais, pois son persoas veciñas e vecinos desta cidade aos que lles costa moito decidirse a solicitar as axudas sociais aínda que se trate de xustiza social. En xeral, son persoas que contra a súa vontade, non son autosuficientes para cubrir as súas necesidades básicas, que sufren ansiedade, angustia, insomnio, depresión, desasosiego, inseguridade, en fin, un conxunto de síntomas moitas veces difíciles de superar, e necesitan uns servizos sociais que atendan con urxencia, empatía, asertividade, respeto, intimidade, as súas demandas.

Debería de vostede ler con atención as valoracións e reclamacións feitas polas traballadoras sociais do seu departamento que se viron obrigadas a dirixirse ao alcalde, ao Valedor do Pobo, á inspección de traballo e a movilizarse na rúa; que teñen o apoio e comprensión do comité de empresa do concello de Vigo e dos movementos sociais da nosa cidade.

Debería renunciar a seguir publicitando que o concello de Vigo ten unhas políticas de benestar social que envidiar, cando o departamento se atopa sumido nun caos importante.

Ante o anteriormente exposto, lle pedimos ou esiximos que asuma con humildade as deficiencias do seu departamento, e con carácter de urxencia mude esta lamentable realidade, e senón está disposta a facelo deixe o seu cargo a outra concelleira/o que asuma a responsabilidade de xestionar con eficiencia e eficacia este departamento.

O noso colectivo rexistrará tódolos mércores no rexistro do concello este mesmo documento até que percibamos un cambio significativo na súa liña xestora política de Benestar Social.

Solicitámoslle :

a) Unha entrevista presencial que nos permita intercambiar opinión sobre o que acabamos de describir.

b) Se nos permita participar nun pleno municipal para expoñer abertamente as críticas que hoxe describimos e que estamos en posición de demostrar.

Atentamente, Foro Socioeducativo Os Ninguéns