Carta aberta do colectivo PACs en Pé de Guerra Coruña O SERGAS

Por o 08/01/2019 | Sección: Sanidad,Social
Carta aberta do colectivo PACs en Pé de Guerra Coruña O SERGAS

Alegranos oír que seguen abertos a alcanzar un acordo cos traballadores dos PAC , aínda que sexa a través da prensa. Esperamos que pronto convoquen o comité de folga para chegar a unha
solución definitiva , como todos desexamos.

En canto á súa última proposta, decirlles que xa foi rexeitada polos traballadores por ser insuficiente, e por se non lles quedaron claros os motivos imos explicalos punto por punto para que o entendan:

1. No tema da manuntención, ofertar pagar dúas comidas nas xornadas de 24 horas nos lugares onde non se fai , máis que unha oferta, é unha disfunción que debería terse solventado no mesmo
momento no que se tivo coñecemento dela, e non casi un ano despois dentro dunha negociación.

2. Equipos de protección, que nos den un traxe igual para todos ( cando se acabe o stock das distintas xerencias) non significa que se cumpra coa normativa. Fagan un estudo de prevención de riscos laborais e que sexan os expertos os que definan que precisamos, en que cantidade, e por suposto ,incluir o personal eventual e en formación.

3. En canto a neutralidade de permisos , non comprendemos como aplicando os mesmos criterios, incluido o aplicativo de liquidación, poden falar de neutralidade, pois somos dos poucos
traballadores, por non decir os únicos, nos que na nosa xornada de traballo xeramos horas ordinarias e horas extraordinarias ou complemetarias ,como lles gusta máis chamalas, ( que non
son contabilizas no caso de baixas e permisos) e que estamos dispoñibles os 365 días do ano , sin haber firmado ningun tipo de voluntariedade.

4. vincular a derivación a productividade , non deixa de ser unha irresponsabilidade de cara os doentes, e unha falta de respeto o traballo e o criterio dos profesionais. Celebramos que houberan
recapacitado ó respecto.

5. Xa vemos que no resto de reinvidicacións nin tan siquera entraron a facer proposta, como é o caso de seguir conxelado o 20% dos nosos complementos de nocturnidade e festividade , polo que
parece” un grande desembolso”, mentras gastan máis en publicidade ou en aparataxe inútil Xa nin falamos da dotación de personal ( dous o máís equipos según as necesidades de cada centro ,
equipos completos (medicina/ enfermería)) con que axustalo a demanda de cada lugar e minimizar o tempo no que os centros quedan sen personal sanitario. Lémbrolle a falsa seguridade do control do 061 , cuxos “efectivos na zona” somos nós mesmos.

Xa saben sr. Conselleiro / director Xeral do Sergas , nós somos os primeiros interesados en solventar a situación, mañá mesmo poñemos traballar na saida o conflito, só teñen que convocar ó
comité de folga , vir con gañas de solución e propostas axeitadas. Se non seguiremos en pé de guerra

Comentar noticia

Your email address will not be published.