Carta dunha paciente do servizo de radioterapia do Hospital Meixoeiro

Por o 12/04/2019 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
Carta dunha paciente do servizo de radioterapia do Hospital Meixoeiro

Son paciente do servizo de radioterapia no hospital Meixoeiro e desde hai tres días non estou a recibir tratamento por problemas técnicos no acelerador nº 3, e non se se o luns renovarase o servizo. Esta non é unha situación nova pois no meu caso xa levo acumuladas cinco sesións sen servizo. Desta forma prolóngase o tratamento por causas alleas á miña vontade sen que eu poida facer nada.

Nalgúns momentos, estando xa na sala de espera do hospital para entrar, avísasenos que o acelerador non funciona ben e acumúlanse as horas de espera ata a sesión ou ben nos din que se queremos podemos irnos porque non saben se poderán solucionar o problema. A esta situación únese a circunstancia do servizo de ambulancias para os traslados desde o domicilio ao hospital e volta, a media de ida e volta non baixa de tres horas e media/catro.

É un servizo colectivo e vai recollido aos usuarios nos seus domicilios particulares ou no propio centro sanitario se se atopan ingresados, iso supón facer un “circuíto” que engade máis tempos de espera; tes que esperar á ambulancia para que che recolla despois da sesión e o tempo de espera é indeterminado e a hora de recollida é igualmente indeterminada polo que che obrigan a estar “preparado cunha antelación que non baixa dunha hora/hora e media; a sesión de radioterapia dura entre cinco/sete minutos (polo menos, no meu caso).
O único que funciona de forma competente é o traballo dos profesionais que traballan tanto nas ambulancias como o persoal que está no hospital atendendo aos pacientes,cuxa dedicación e bo facer son dignos do maior dos eloxios e recoñecemento. A situación de atoparse enfermo de cancro supón unha forte carga de tensión e ansiedade, á que nada axuda esta situación de inseguridade no tratamento.

Aproveito a ocasión para reivindicar un tratamento de radioterapia máis próximo ao paciente, o hospital Montecelo debería ter este servizo, cada vez máis demandado clinicamente, e que os partidos políticos falen de que sanidade pública queremos porque, gústenos ou non, cada vez somos máis os posibles usuarios e os investimentos débense adecuar a esta demanda como servizo básico á comunidade, creo eu”.

Mandei este escrito a varios xornais denunciando as deficiencias que levo observadas neste servizo como usuaria do mesmo nestes momentos.

2 Respuestas a "Carta dunha paciente do servizo de radioterapia do Hospital Meixoeiro"

  1. Nieves   14/04/2019 at 22:38

    Que pena totalmente de acordó co escrito de esta paciente, e logo os políticos enchense de falar pero non dan solución , “”será que eles non viven esos problemas.

    Responder
  2. xabier   01/05/2019 at 10:33

    Sí, totalmente de acordo. A Xunta aforra en medios pero non se decata que iso ó final é pior, porque os tratamentos son máis longos, alóngase o consumo de menciñas, etc.
    Cómo poden pechar e deixar que se derrame o Meixoeiro e gastar unha millonada na reforma do Xeral pra xulgados, coa demanda tan alta de camas hospitalarias que hai no sul de Galicia. Véndennos a moto de que fan xulgados novos, pero non contan o que custou o traslado do Xeral ó Álvaro Cunqueiro, nin o que custa a transformación do hospital en xulgados. Xunta de Galicia, deixa de tomarnos o pelo, invirte o que debes nos pacientes e nos hospitais do sul de Galicia en troques de alugarlle unha pranta do Meixoeiro pra rodar unha serie. Vergoña debera darvos! Pola millora da Sanidade pública!!!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.