Cartos de todas para negocios dunha minoría

Publicado por o día 17/12/2019 na sección de ODS Coia,Social

Cartos de todas para negocios dunha minoría

ODS COIA РA onda privatizadora dos servizos sociais leva anos con ritmo acelerado. Na Galiza e Vigo non somos alleos a esta realidade. En Vigo temos numerosos exemplos, por citar dous: Domusvi xestiona residencia que a Xunta abriu en Barreiro nos ̼ltimos anos e CLECE xestiona o servizo de axuda no fogar municipal tras ga̱ar o concurso.

Nesta deriva, Vigo é cidade avantaxada. A pasada semana, o alcalde falaba dos 19 millóns de euros que o concello vai destinar a políticas sociais no ano 2020. Na súa declaración nada dixo de Florentino Pérez, un dos grandes favorecidos da política municipal dos últimos anos. El, grazas a CLECE unha das súas empresas, é un dos grandes beneficiados da concellería que dirixe Yolanda Aguiar. Case 8 millóns de euros, dos 19 que vai destinar o goberno a políticas sociais van ás mans deste empresario. Os programas que xestiona CLECE na cidade de Vigo en 2020 son:

– O servizo de axuda no fogar: 6,38 millóns de euros ao SAD

– Programa socioeducativo e de apoio familiar: 710.000 euros

– Parte do cadro de persoal de CEDRO, a Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo: 800.000 euros

Datos, aos que temos que engadir que Vigo ten un gasto social cualificado como “precario”, con 47,8 €/habitante, pola “Asociación de Directoras y Gerentes de Servicios Sociales”. Unha precariedade que unida a que unha gran parte de servizos e programas sociais municipais están subcontratados, ten como resultado que dos escasos cartos destinados a estas políticas moitos deles quedan, polo camiño, nos petos de grandes grupos empresariais ou de intermediarias.

Fronte a esta realidade esiximos a aposta polo público, polo común, polo que é de todas. Iso pasa por pular para recuperar estes programas dando entrada a unha xestión máis próxima e que axude a crear comunidade a través da consolidación de dereitos.

Cómpre reverter estes contratos -que en moitos casos están cheos de incumprimentos, de explotación laboral e/ou de servizos precarios- para evitar que os nosos cartos e necesidades sirvan para encher os petos dos grandes capitais. Mais non só iso, facemos unha chamada á reflexión de todas aquelas que andamos na procura de vieiros de satisfacer necesidades básicas desde outras lóxicas, nas que o comunitario prevaleza sobre outras respostas.

Una respuesta para "Cartos de todas para negocios dunha minoría"

Comentar noticia

Your email address will not be published.