A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle un acto baixo o titulo “Antonio Fraguas e as crenzas da morte na cultura popular”

Publicado por o día 13/05/2019 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle un acto baixo o titulo “Antonio Fraguas e as crenzas da morte na cultura popular”

Galicia ten unha simbólica e forte presencia da morte na súa cultura popular. Antonio Fraguas, xa o puxera de manifesto no seu artigo “O culto ós mortos“, que en 1931, e con só 26 anos, publicara na revista Nós. Esta presencia quedaría xa, dende aquela, plasmada en toda a súa obra e traballo como etnógrafo e antropólogo. Para celebrar a homenaxe que Antonio Fraguas recibe neste Dia das Letras Galegas, Camino Noia Campos quere, xunto con Manolo Forcadela e o Ateneo Atlántico, repasar este importante aspecto na súa obra nesta palestra que se celebrará naCasa Galega da Cultura, o vindeiro mércores 15 de maio, ás 19:30h
  • María Camino Noia Campos (Santiago de Compostela, 1945) é Catedrática Emérita de Lingua e Literatura galegas na Universidade de Vigo, ademáis de traballadora pola normalización linguística de Galicia, especialmente no eido da formación do profesorado en lingua galega. Desenrolou tamén un importante traballo na traducción, organizando os estudos de Tradución e Interpretación, ou fundando a “Revista Galega de Traducción: Viceversa” da que foi directora. En 1979 funda, xunto a Germán Sánchez e Xulián Maure, Edicións Xerais de Galicia. Entre a súa obra máis destacable atopamos Contos galegos de tradición oral” (Nigratrea, 2002) ou A nova narrativa galega (Galaxia, 1992)
  • Manuel Forcadela é Historiador da literatura, poeta, e novelista. Profesor de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Colaborador en diversas revistas e xornais. Da súa ampla produción cumpre destacar: O varredor en outono (Sotelo Blanco, 1988); A harpa e a terra (Ed. Xerais, 1988); Fóra de xogo (Edicións do Cumio, 1993); Morte do fadista (Espiral Maior, 2000);Dama Saudade e o cabaleiro Sombra (Frank @ Timme, 2012)
Entrada libre ata completar aforo (55 prazas)
Por favor teña en conta que este mesmo día, e á mesma hora o Ateneo Atlántico organiza un acto paralelo na Casa del Libro, coa presentación do libro “Crítica del hiper-capitalismo digital” do profesor de Economía Aplicada, Albino Prada.