Casares considera vergoñento que o PP queira falar dunha situación na que ten moito que calar pola contundencia xudicial no arquivo da denuncia

“Para presumir de elegancia con estes feitos o PP demostra todo o contrario”, afirma tras coñecer a solicitude en Rexistro Municipal de acceso ao auto e ás dilixencias do caso por parte de varios membros deste partido
Publicado por o día 19/09/2018 na sección de Galicia

Casares considera vergoñento que o PP queira falar dunha situación na que ten moito que calar pola contundencia xudicial no arquivo da denuncia

O tenente de alcalde, Nicolás González Casares, tras ter coñecemento da solicitude por parte do Partido Popular en Rexistro Municipal da copia do auto no que se decreta o sobreseemento libre e o arquivo das dilixencias previas abertas a raíz da denuncia dun traballador municipal, afirmou “lamentar profundamente esta acción absolutamente deplorable por parte dos concelleiros do PP que asinan a solicitude, quen, a pesar do contundente sobreseemento libre e arquivo das dilixencias e da claridade xudicial, aínda pretenden de maneira vergoñenta tratar de estirar o chicle e seguir falando dunha situación na que teñen moito que calar”. Casares considera que “para presumir de elegancia, con estes feitos os populares moi pouco demostran disto, pois están pedindo de maneira demencial acceso a unha documentación que”, como aclara o concelleiro, “en primeiro lugar, non obra a disposición do Concello, pois as causas penais son individuais e, en segundo lugar, as dilixencias dunha investigación arquivadas son de carácter reservado e non se poden revelar”. “Porén” -en palabras do tenente de alcalde- “isto non fai máis que evidenciar a desorientación e o descoñecemento que ten o Partido Popular nesta materia”.

“Se a intención do PP” -alerta- “é obter algún destes documentos para revelalos, o cal sería a todas luces ilegal, veriámonos na obriga de tomar as medidas correspondentes”. “Doutra banda” -prosegue- “se o que queren é confundir á cidadanía de maneira esperpéntica revisando documentación que en ningún caso lles pertence, que lles quede claro e meridiano que o xuíz si que ditou unha resolución que non deixa lugar a ningún tipo  dúbidas”.

Finalmente, González Casares lémbralle ao PP que nunca estivo investigado e avisa de que é este partido quen “aínda ten pendente de aclarar algunhas das incógnitas deste caso, como é a relación do denunciante co PP de Lalín” na interposición dunha denuncia “a todas luces falsa”. Casares insiste en que “este é un dos puntos máis escuros que quedan por dilucidar, pois hai evidentes mostras da relación entre o denunciante e o PP tal e como queda claro, por exemplo, na asistencia desta persoa a actos públicos do Partido Popular de Lalín, cuestión que se pode comprobar cun simple vistazo ás hemerotecas”.