Case 160.000 euros en obras de mantemento dos centros de ensino de Infantil e Primaria do concello en Pontevedra

A principios de curso, a Concellaría de Educación mantivo un encontro con cada un dos centros de ensino para coñecer as necesidades de mantemento e realizar un plan de intervención, priorizando as actuacións urxentes, e a continuación o resto de obras necesarias
Publicado por o día 10/05/2017 na sección de Educación,Galicia,Pontevedra,Vigo

Case 160.000 euros en obras de mantemento dos centros de ensino de Infantil e Primaria do concello en Pontevedra

A Concellaría de Educación está a realizar obras de mantemento e conservación de diversa entidade nos distintos centros de ensino do Concello. Estas obras forman parte do plan de investimentos fixado pola Concellaría o pasado ano logo de visitar cada centro de ensino, recoller as demandas das diretivas, de valoralas cos servizos técnicos municipais e de retirar todas aquelas que non entraban dentro da competencia municipal, dado que o Concello só pode realizar traballos de conservación e mantemento nos centros educativos de Infantil e Primaria.

Este plan de intervención estase a facer con cargo ao departamento de Obras mentres se remata de tramitar o expediente de contratación para o mantemento, reparación e conservación dos centros de ensino valorado en 200.000 euros para todo ano. Para a Concellaría é prioritario facer este contrato para regularizar e sistematizar todos os labores habituais que se fan nos colexios.

O investimento neste curso escolar 2016/2017 foi de 129.225,51 euros, dos cales no ano 2016 a contía foi de 51.036,63 euros e o investimento de 2017 é de 78.188,88 euros. Neste ano, a Concellaría de Educación ten no plan de investimentos as seguintes actuacións nos centros de ensino:

CEIP A Xunqueira I: Arranxo de reparación de soportes e pintura por 26.576,73
euros

CEIP Álvarez Limeses: Subministro de material para arranxos realizados no centro
por 238,13 euros.

CEIP Cabanas:
• Subministro de material para arranxos por 238,13 euros e 211,15 euros.
• Subministro para reparación de porta:360,58 euros

CEIP Froebel: Reparación de pavimento vertical por 798,60 euros

CEIP Manuel Vidal Portela
• Colocación de porta de seguridade na sala de ordenadores: 837,32 euros
• Pavimento na aula de informática: 2.633,69 euros
• Subministro de material: 53,24 euros e 710,38 euros

CEIP Ponte Sampaio: Subministro de materiais par ao peche con fronte ao viario:
4.436,16 euros

CEIP Vilaverde: Subministro de materiais por 471,90 euros

CEIP Campolongo:
• Substitución de fiestras en corredor interior: 4.282,19 euros
• Subministro de material: 238,13 euros
• Reparación do falso teito: 774,40 euros

CEP Marcos da Portela: Reparación de instalación 84,70 euros

EEI Concepción Crespo Rivas
Reparación de linteis moi deteriorados: 2.764,45 euros

EEI Fina Casalderrey
• Reposición falso teito en aula: 3.686,26 euros
• Subministro material para arranxos en Fina Casalderrey e Vidal Portela: 710, 38
euros
• Tratamento de seguridade e antiesvaramento de plancha no pavimento exterior:
786,50 euros.

As obras máis importantes no ano 2016 (dentro do curso 2016/2017) foron:

CEIP A Xunqueira I:
• Arranxo de dúas escaleiras de comunicación vertical: 4.128,52 euros
• Arranxo de muro exterior: 8.770,02

CEIP A Xunqueira II
• Colocación varanda e porteiro electrónico: 10.801,69 euros
• Reformas para instalación de sistema antipánico en dúas portas:
1.156,09

CEIP Praza de Barcelos
• Renovación de fontanería: 6.252,29 euros
• Eliminación de filtración de augas ao ximnasio: 1.268,56 euros
• Colocación de varandas: 1.076,90

CEIP Cabanas:
• Reparación peche exterior: 1.335,20 euros
• Colocación de protección en pilastras do porche 1.016,40 euros

CEIP Froebel:
• Reparación por filtracións de auga en Froebel Campolongo, Parada e
Fina Casalderrey: 28.694,47

CEIP Manuel Vidal Portela: Reposición de letreiros de auga: 1.214,36 euros

CEIP Marcón: Arranxos no parque infantil: 3.412,20 euros

CEIP San Martiño: Limpeza, pintura e tratamento hidrofugante de fachadas:
39.661,38 euros

CEIP Vilaverde:
• Traballos de arranxos dos falsos teitos: 15.521,76 euros
• Substitución de fiestras do edificio administrativo: 3.245,22 euros

EEI Concepción Crespo Rivas:
• Labores de mantemento de patio exterior: 9.960,94 euros
• Pintado de paredes e estrutura de porche trasteiro: 2.504,70 euros

Este investimento de case 130.000 euros complétase cunha partida de 30.000 euros que
a Concellaría de Educación financiou na Escola Infantil da Parda para gardar e aparcar os
carriños de bebé.