Case un milleiro de efectivos de Medio Rural comezarán a traballar o vindeiro 11 de maio para reforzar a prevención e extinción de incendios en Galicia por un período de 6 meses

En concreto, incorporaranse 984 traballadores fixos descontinuos, entre os que se atopan bombeiros forestais, técnicos, emisoristas ou vixilantes
Publicado por o día 06/05/2020 na sección de Medio Ambiente

Case un milleiro de efectivos de Medio Rural comezarán a traballar o vindeiro 11 de maio para reforzar a prevención e extinción de incendios en Galicia por un período de 6 meses

Case un milleiro de efectivos da Consellería do Medio Rural comezarán a traballar o vindeiro 11 de maio para reforzar o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (Spdif) de Galicia por un período de 6 meses. En concreto, incorporaranse 984 traballadores fixos descontinuos distribuídos en distintas categorías profesionais.

Así, o próximo luns iniciarán o seu labor de prevención e extinción un total de 830 bombeiros forestais, a meirande parte deles na categoría propia de bombeiro forestal pero tamén nas de xefe de brigada, peón e condutor de motobomba ou brigada helitransportada. A maiores, comezarán a traballar 73 vixilantes fixos, 69 emisoristas, 6 técnicos e 6 operadores codificadores.

Deste xeito, coa incorporación do persoal fixo descontinuo de 6 meses despregaranse un total de 137 brigadas terrestres en toda a comunidade. Por provincias, 48 operarán en Pontevedra, 31 en Ourense, 29 na Coruña e outras 29 en Lugo.

Os 984 empregados que comezan o vindeiro luns 11 de maio permanecerán en activo ata o 10 de novembro de 2020.

Comentar noticia

Your email address will not be published.