Catro feridos en Cuntis

Publicado por o día 01/11/2019 na sección de Sucesos

Catro feridos en Cuntis

No concello pontevedrés de Cuntis, case á mesma hora, dous accidentes deixaban catro persoas feridas, dúas en cada un deles.

Sobre as 17:15 horas, o 112 Galicia era alertado dun choque entre dous turismos que circulaban á altura do punto quilométrico 214, pola N-640, no Piñeiro. O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, indicaba que o accidente se debera a un adiantamento e que un dos vehículos estaba envorcado. Aseguraba que non había persoas atrapadas.

Foi a partir dese momento, cando os xestores do 112 ademais de dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, informaron á Garda Civil de Tráfico,  aos membros do GES da Estrada e aos efectivos de Protección Civil de Cuntis e de Portas.

Os servizos sanitarios confirmaron que dúas persoas resultaran feridas, aínda que non parecían revestir gravidade.

O segundo accidente ocorreu pasadas as 17:30 horas, na mesma estrada, na N- 640, no punto quilométrico 210, á altura de Portela, neste mesmo concello pontevedrés.  Neste caso, tratouse dun turismo que bateu contra unha árbore ao saírse da vía. O particular que alertou ao 112 Galicia, asegurou que non había persoas atrapadas e que o turismo tampouco entorpecía a circulación.

Ata o lugar desprazáronse ademais dos servizos sanitarios, os axentes de Tráfico, os membros do GES da Estrada e os efectivos de Protección Civil da localidade. O único ferido foi asistido polos profesionais sanitarios,  que desprazaron unha ambulancia ao lugar.

Comentar noticia

Your email address will not be published.