Catro feridos en Toén

Publicado por o día 07/09/2018 na sección de Sucesos

Catro feridos en Toén

O 112 rexistrou ás dúas desta madrugada un accidente de tráfico na rotonda de enlace entre a AG-53 e a A-52, ao paso pola localidade ourensá de Toén, no que resultaron feridas de diversa consideración catro persoas. En concreto, houbo un mozo que sufriu unha lesión grave na cabeza, mentres que o resto dos ocupantes do turismo presentaban feridas de menor importancia.

Segundo a información recabada polo 112 Galicia, o vehículo saíuse do carril e quedou semi envorcado no medio da vía. De feito, os ocupantes tiveron que saír polas ventás do vehículo, agás o mozo que resultou ferido de gravidade, que necesitou da axuda dos servizos de emerxencias para abandonar o turismo.

Para a atención dos feridos, o persoal do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, así como dos Bombeiros do Carballiño, GES de Ribadavia e voluntarios de Protección Civil de Toén. Tamén contaron co apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico.