Catro persoas afectadas, tres delas menores, ao intoxicarse por inhalación de gas nunha vivenda en Noia

Publicado por o día 04/11/2019 na sección de Sucesos

Catro persoas afectadas, tres delas menores, ao intoxicarse por inhalación de gas nunha vivenda en Noia

Catro persoas, entre elas tres menores, resultaron intoxicadas a pasada noite despois de producirse un escape de gas nunha vivenda en Noia. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as persoas afectadas foron trasladadas a un centro médico.

Os feitos sucederon na rúa Camiño Agra da Ponte, ao fío das 21:30 horas.

Nada máis recibir a alerta a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Boiro, á Policía Local, ao Servizo Municipal de Protección Civil, o GES de Brión e á empresa subministradora de Gas.