Catro persoas feridas en Vilanova de Arousa ao bater o turismo no que viaxaban contra unha árbore

Publicado por o día 23/03/2018 na sección de Sucesos

Catro persoas feridas en Vilanova de Arousa ao bater o turismo no que viaxaban contra unha árbore

Catro persoas resultaron feridas esta tarde en Vilanova de Arousa despois de que o coche no que circulaban chocase contra unha árbore caída na estrada. O accidente ocorreu na PO-531, concretamente no punto quilométrico 18,500, ao fío das 18.10 horas.

Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do sinistro a través do 061-Urxencias Sanitarias.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, aos Bombeiros de Vilagarcía e ao servizo de mantemento da estrada.