Catro persoas feridas leves nunha colisión múltiple en Vilaboa

Publicado por o día 01/01/2019 na sección de Sucesos

Catro persoas feridas leves nunha colisión múltiple en Vilaboa

Unha colisión múltiple na que se viron implicados tres coches esta noite en Vilaboa saldouse  con catro persoas feridas leves, que tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente ocorreu na N-554, a un quilómetro da Ponte de Rande, ao fío das 2:14 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro. Acto seguido, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Morrazo, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.