Catro persoas feridas nun choque frontal entre dous vehículos en Baiona

Publicado por o día 03/09/2018 na sección de Baiona,Galicia,Sucesos

Catro persoas feridas nun choque frontal entre dous vehículos en Baiona

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta tarde a catro persoas que resultaron feridas nunha colisión frontal na que se viron implicados dous vehículos en Baiona. Segundo puido saber o 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos efectivos do GES de Valmiñor, ao quedar atrapada no interior dun vehículo accidentado no choque.

O sinistro ocorreu no punto quilométrico 20,000 da PO-552, á altura da parroquia de Baredo.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 17:35 horas para dar conta do accidente. Decontado, dende o 112 Galicia se informou do sucedido ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, ao GES de Valmiñor, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada.