Un accidente entre dous turismos deixou esta madrugada dúas persoas feridas. Foi necesario, ademais, o uso do material de excarceración dos membros do GES da localidade para liberar aos dous feridos do interior dos vehículos.
Ao redor das 3:30 horas, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun accidente entre dous vehículos, na PO-841, á altura de Baloira, no concello pontevedrés da Estrada.
Nada mais recibir o aviso, desde o Centro de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Deza e aos membros do GES e de Protección Civil da localidade. Tamén se solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico que, decontado, se dirixiron ao lugar.
Unha vez no punto, os membros do GES, confirmaron a excarceración dos dous feridos, que foron trasladados polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.
Ata o lugar, tamén se desprazou persoal do servizo de mantemento da estrada que se encargou das tarefas de limpeza da vía.
Tamén, na a mesma localidade, sobre as 22:00 horas deste sábado, ocorría outro accidente con tres coches implicados, na PO-541, punto quilométrico 13, en Couso e dúas persoas resultaron feridas.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso, grazas á chamada dunha persoa particular. Tras o aviso, desde o 112 Galicia alertouse á Garda Civil de Tráfico, aos membros do GES e de Protección Civil da localidade e ao persoal do servizo de mantemento da vía.
O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou ao 112 Galicia o traslado das dúas persoas feridas o centro hospitalario de referencia.
Saída de vía en Santiago
Por outra banda, pasados dez minutos das 23:00 horas da noite pasada, o CIAE era informado da saída de vía dun turismo, en Santiago de Compostela. Unha persoa tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polas testemuñas que presenciaron o accidente, tratouse dun vehículo que ao saírse da vía saltou a mediana da AP-9, á altura do barrio santiagués de Conxo.
Ademais do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foron informados polo 112 Galicia, os axentes de Tráfico, da Policía Local, de Protección Civil e o persoal do Servizo de Autoestradas da AP-9.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.