Catro persoas intoxicadas nunha vivenda en Dodro pola mala combustión dunha cheminea

Publicado por o día 11/11/2019 na sección de Sucesos

Catro persoas intoxicadas nunha vivenda en Dodro pola mala combustión dunha cheminea

Catro persoas, entre elas tres menores, foron trasladadas a un centro médico a pasada noite en Dodro ao presentar síntomas de intoxicación por monóxido de carbono debido á defectuosa combustión dunha cheminea.

Os feitos ocorreron no lugar de Bexo, na parroquia de San Xoán de Laíño, ao fío das 4:30 horas.

Nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Padrón e da Garda Civil.

Unha vez na vivenda, os servizos de emerxencia levaron a cabo labores de ventilación na casa. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia,  remataron a súa intervención ao redor das 6:00 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.