Catro persoas resultan feridas en dous accidentes en Rianxo e Ares

Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Sucesos

Catro persoas resultan feridas en dous accidentes en Rianxo e Ares

O primeiro deles tivo lugar en no concello coruñés de Rianxo ao envorcar o vehículo no que viaxaban cando circulaba pola estrada que une as parroquias de Burés e Asados.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 23:45 horas da pasada noite. Foi unha persoa particular quen, a esa hora, alertou ao 112 dun coche envorcado, antes de chegar a Asados.

Recibido o aviso, os xestores de emerxencias do 112 Galicia axiña puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Boiro. Ademais, informouse aos membros de Protección Civil da localidade.

Por outra banda, pasados uns minutos das tres desta madrugada, dúas persoas resultaron feridas nunha saída de vía no concello de Ares, concretamente na estada que enlaza Ares con Chanteiro. Segundo a información da persoa que chamaba ao 112 Galicia para alertar do sucedido, o vehículo quedara semienvorcado e un dos ocupantes atopábase fora do turismo.

Con estes datos o persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, dos Bombeiros de Ferrol e da Garda Civil de Tráfico. Asimismo, solicitouse a colaboración dos membros do GES de Mugardos e Protección Civil da localidade.

Segundo a información facilitada ao 112, finalmente, dúas foron trasladas polos servizos sanitarios ao centro sanitario de referencia.

Bate contra un muro

Un home resultou ferido despois de chocar o vehículo que conducía contra un muro. Como consecuencia do impacto, un poste de electricidade próximo caía enriba do turismo.

No momento de producirse o accidente, pasados uns minutos das 02:30 horas desta madrugada, o home circulaba pola estrada de Cereixo, no concello pontevedrés da Estrada.

Tras recibir a chamada de alerta de unha persoa particular, que indicaban ademais que podería haber persoas atrapadas no interior do turismo, decontado os 112 Galicia informaba aos 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén, dende o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos membros de Emerxencias da Estrada, que unha vez no lugar, descartaron o uso do material de excarceración.