Catro persoas tiveron que ser rescatadas por un vehículo de altura dos Bombeiros debido ao fume que provocou un incendio nun local da Coruña

Catro persoas, residentes dun edificio situado na Avenida de Hércules, da cidade da Coruña, tiveron que ser rescatadas polos Bombeiros da Coruña das súas vivendas. Os profesionais de extinción tiveron que facer uso dun vehículo de altura para evacuar ás persoas, debido ao fume que chegaba ás súas casas despois de producirse un incendio nun local dedicado a ensaios de actividades, situado no baixo do edificio.

Os servizos sanitarios que, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazaron ata o lugar unha UVI móbil, por precaución, confirmaron que afortunadamente non foi preciso trasladar a ningunha persoa.

Todo comezou sobre as 22:00 horas da pasada noite. Foi a esa hora cando o 112 Galicia recibiu a primeira chamada de alerta a través dunha persoa particular. No seu relato, indicaba que ardía un baixo utilizado para ensaios. Nese momento, estaba ocupado por varias persoas que, decontado abandonaran o lugar. A partir de aí, varios veciños tamén poñían os feitos en coñecemento dos xestores de emerxencias.

Así, con estes datos, o 112 Galicia puxo en marcha un dispositivo no que ademais de desprazarse, por precaución, os servizos sanitarios, participaron os Bombeiros da cidade e a Policía Local. Tamén foron informados os efectivos de Protección Civil.

A esta hora, aínda que o lume xa foi extinguido, os Bombeiros continúan no lugar dos feitos arrefriando a zona.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM