Catro persoas trasladadas ao sufrir unha crise de ansiedade debido a un incendiado rexistrado nunha vivenda, en Vilagarcía

Catro persoas foron trasladadas debido á crise de ansiedade que sufriron ao incendiarse unha vivenda dun edificio de sete andares, situado na Avenida de Rosalía de Castro, en Vilagarcía de Arousa.

Pasados uns minutos das 13:00 horas, os membros do Servizo de Emerxencias da localidade informaron do incendio ao 112 Galicia. Aínda que non se coñecía o que ardía exactamente, nin sequera se había persoas afectadas, os xestores de emerxencias, decontado, puxeron en alerta aos Bombeiros de Vilagarcía, ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias e aos axentes da Policía Nacional e Local. Tamén, ata o lugar, desprazáronse os Bombeiros de Ribadumia para prestar colaboración aos compañeiros de Vilagarcía nas tarefas de extinción.

Tras extinguir o lume na súa totalidade e ventilado o lugar, os Bombeiros indicaron que ardeu a cociña por completo da vivenda afectada e  que as catro persoas, dúas dun piso e outras dúas do piso do carón, foran trasladadas ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM