Catro vehículos implicados nunha colisión múltiple en Vigo

Publicado por o día 28/12/2017 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Catro vehículos implicados nunha colisión múltiple en Vigo

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia atendeu esta mañá un accidente de tráfico no que estiveron implicados catro vehículos. Segundo os datos facilitados ao 112, o sinistro produciuse ás 12:20 horas de hoxe na A-55, preto do Hospital Meixoeiro.

Como consecuencia do golpe, foi trasladada unha persoa, aínda que o seu estado non revestía gravidade.

Ata o lugar do accidente se desprazaron servizos sanitarios e axentes da Garda Civil de Tráfico.